Translate

martes, 13 de enero de 2015

XUNIOR MASCULINO: VICTORIA ANTE O CB NOIA POR 47 A 45

EXTRUGASA RIO ULLA = 47: David Vieites (18); Uxio Beiró (17); Carlos Costa (-); Sergio Martínez (8); Candido Cabo (-); Oscar Abelenda (2); Alex Baleiron (-); Xacobe Barreiro (-); Samuel Gonzalez (2).

CB NOIA = 45.

Partido dominado nun principio polos cesureños, que logo de encaixar a canasta inicial, acadaron un parcial de 12 a 2, para acabar o primeiro cuarto 12 a 4. A boa defensa local facía que os noieses non foran capaces de anotar, e dominando o rebote, os locais corrian pra anotar fácil.

O partido inda se puxo millor nos primeiros minutos do 2º cuarto, pois un triple de Vieites, e logo unha nova canasta de Uxio elevaron a diferencia ata o 17 a 4 no minuto 13.
Pero ahí cambiou o partido. Os noieses puxeronse nunha zona 1-2-2 que os locais, en vez de atacar con paciencia e movendo rapido o balón; pois se adicaban a facer tiros forzados, ou precipitados. Eso permiteulle os de Noia empezar a anotar en contras, e pouco a pouco se foron achegando no marcador. Non funcionaron nin as rotacións nin os tempos mortos, e cun parcial de 4 a 20 os de Noia marchaban ó descanso gañando por 21 a 24.

O 3º cuarto foi moi igialado en canto á anotacion. So anotaban Uxio e Vieites pros locais, mentras que os de Noia repartian os tiros entre varios xogadores. O parcial do cuarto foi de 14 a 15 a prol dos visitantes, que gañaban por 4: 35 - 39.

Xa no último cuarto os locais se pecharon nunha zona 2 - 3 que evitou canastas dos de Noia. O partido igualouse, ó aparecer Sergio en varias accións, anotando 2 canastas. O parcial do cuartofoi de 12 a 6 e a victoria, con certo suspense nas últimas posesións foi pros locais.

Temos a estadística completa do encontro gracias a Gulli e Antonio, que a reproducimos a continuación:

 
O mellor foi sin duda a victoria. Unha mais e o equipo chega o ecuador da liga cun balance de 6 victorias e 3 derrotas, sendo 5º na taboa clasificatoria, empatado cos 4º; e cunha victoria menos que os 2º e 3º. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario