Translate

martes, 13 de enero de 2015

OS 2 EQUIPOS INFANTIS FEMININOS DO RIO ULLA SUFREN SENDAS DERROTAS ESTA PASADA FIN DE SEMANA

A foto do equipo desta pasada fin de semana.

EXTRUGASA RIO ULLA B = 16

Valeria (-); Lucia (2); Aroha (2), Naila (-), Zaira (4), Estela (-), Cristina (-), Paula (2), Alba Miguéns (2): Alba Moares (-); Noa (-); Marina (-).

ARXIL D = 72


Parciais: 8 - 18; 4 - 20; 2 - 16; 2 - 18.

O partido tivouns primeiros minutos no que ambos equipos intercambiaban canastas, pero cara ó fin do 1º cuarto a presión das de Pontevedra empezou a funcionarlles. A partir dese momento fixeronse superiores en toda a pista, escapándose no marcador.
Si na 1ª metade o parcial foi de 12 a 38, na 2ª foi de 4 a 34, o que fala da desigualdade habida na pista.

=======================================================================

 
CORTEGADA CLB L =44

EXTRUGASA RIO ULLA A =38

Laura (18), Ana (3); Carmen (-), Andrea (-), Sabela (3), Sandra (8), Iria (-), Nerea (2), Angie (4). 

Parciais: 8 - 4; 6 - 8; 12 - 4; 8 - 18. Prorroga: 10 - 4.

Partido disputado en Carril ante o lider deste grupo. O Cortegada inda non perdeu ningún partido nas 9 xornadas que levamos de competicion. 

Comezou o partido e a ambos equipos lles costaba anotar. Sobre todo ás nosas rapazas, que meteron a primeira canasta despois de case 8 minutos dopartido. Ben é certo que en defensa estaban entonadas e as do Cortegada so estaban gañando por 6 a 0. Despois dun tempo morto pedido polos adestradores, e onde lle dixeron as rapazas que estaban defendendo ben e que había que NON ter medo a anotar para gañar. Por fin entraron en partido, pero foi unha bagoa non ter anotado nas opcións que tivemos no inicio do encontro. Chegamos o fin do cuarto 8 a 4, logo das canastas de Angie e Laura.

O 2º cuarto transcorriu con lixeiras ventacxas para as locais de 2 - 4 puntos. 6 puntos de SAndra e 2 de Laura permitironnos chegar ó descanso perdendo de 2: 14 - 12.

No 3º cuarto o equipo tragou varias canastas en defensa, mal defendidas, o que fixo que as locais se marcharan de 10 no marcador ó final do cuarto: (26 a 16. 

Ultimos 10 minutos de partido e as órdenes eran claras: xogar adiantando liñas defensivas. A presión empezou a funcionar e as locais perderon varios balóns convertidos en canasta por Laura. E pouco a pouco as diferencias se ian reducindo... E o Rio Ulla se achegaba no marcador. O equipo achegouse a 4 puntos 33 a 29 a falta de 2 minutos. Un minuto despois Laura fai o 33 a 31. E faltando medio minuto Ana anota unha tripla que adianta ó Extrugasa 33 a 34. Pero xa quedando segundos o Rio Ulla fai unha falta e a xogadora numero 7 anota 1 dos 2 tiros libres, empatando o partido a 34. Na última posesión o RIo Ulla non anota e vaise á prorroga.

Na prorroga as locais foron mellores, e leváronse o partido tras facer un parcial de 10 a 4. Partido bonito e moi deportivo, cuns pais nas gradas que o vivron con moita paixón e ó borde do infarto nalgún caso.

E o mellor inda estaba por chegar: logo do paso por vestiarios, as xogadoras locais estaba esperando polas amigas do Rio Ulla, para fundirse en abrazos e bromear e sonrreir... Bendita inocencia. As veces inda hai que creer no ser humano. Lastima que os telediarios logo nos fagan voltar á cruda realidade.

Toca seguir preparándose para futuros partidos asi. Estes son os que fan xogadores. E de seguro que haberá oportunidades futuras para tomar revanchas. Eso si, en partidos tan deportivos coma este.

No hay comentarios:

Publicar un comentario