Translate

martes, 16 de diciembre de 2014

RESULTADOS DOS 2 EQUIPOS INFANTIS FEMININOS.

Alineación do Extrugasa RIo Ulla "B" en Marín.

MARIN PEIXEGALEGO = 63

EXTRUGASA RIO ULLA B =8

Lucia (-); Aroha (-), Naila (-), Zaira (6), Estela (-), Cristina (-), Yaiza (2), Marina (-).

Parciais: 16 - ; 13 - 4; 20 - 4; 14 - 0.


O equipo do Rio Ulla xogou un partido ante un rival que as superaba claramente en altura. As baixas de ata 4 xogadoras do equipo, suplidas por outras tantas alevíns, fixeron que a diferencia de centimetros se notara á hora de pelexar cada rebote. Desa ventaxa física Marín aproveitouse para ser moi superiores ó longo dos 40 minutos. Destacou polas nenas do Rio Ulla a loita de Zaira, gustando tamén no partido o traballo de unha alevín, Yaiza, que ca sua rapidez desbordou varias veces a defensa local.

========================================================================



CORTEGADA CLB D = 23

EXTRUGASA RIO ULLA A = 59

Laura (15), Ana (8); Carmen (2), Andrea (4), Sabela (4), Sandra (11), Iria (6), Nerea (2), Angie (7). 

Parciais: 5-13; 4 - 19; 4 - 16; 10 - 11.

Bo partido deste equipo infantil, que derrotou a un combativo Cortegada. Para elo, tiñan claro que debían evitar as contras locais, e o lograron, e no ataque estático do rival, cubrir ás xogadoras mais perigosas do equipo contrario. 
Ademais as nosas nenas estiveron acaertadas cara ó aro do rival, facendo un xogo bonito dende a defensa, con moitos contrataques dos que moitos eran canasta.De ahi esa superioridade que se pode ver nos 3 primeiros cuartos do encontro. Tan só no último a relaxación da defensa, permitiu mellores lanzamentos as locais, que aproveitaron para anotar mais; e á vez as do Rio Ulla fallaron mais en ataque; pero elo non desmerece o bo partido das cesureñas.
Destacar a volta ás canchas da recuperada Ana Lorenzo, que xogou a un bo nivel, tras estar mais dun mes parada por unha lesion no nocello. Agora esperemos que as lesións deixen rendir ó grupo para que melloren ó longo da temporada.

No hay comentarios:

Publicar un comentario