Translate

lunes, 15 de diciembre de 2014

VICTORIA DO EQUIPO XUNIOR MASCULINO ANTE SANTA BAIA DE BOIRO, NUN PARTIDO DE GRANDES ALTIBAXOS.



 EXTRUGASA RIO ULLA = 53: David Vieites (8); Uxio Beiró (18); cARLOS cOSTAS (1); Sergio Martínez (13); Candido Cabo (2); Oscar Abelenda (6); Alex Baleiron (-); Xacobe Barreiro (-); Samuel Gonzalez (3).

CB SANTA BAIA de BOIRO = 42

 Parciais: 6 - 14; 13 - 7; 16 - 15; 18 - 6.


Comezaron mal os cesureños, que apenas poideran completar un entrenamento decente nas 3 últimas semanas, entre examenes e lesións, e pronto Boiro pegou un tirón no marcador (2 - 9). Os cesureños negados cara ó aro do rival, perdian o cuarto por 6 a 14.
No 2º cuarto os locais encontrano seu estilo de xogo, baseado nos puntos de Uxio, David e Sergio, e enrte os 3 anotan 13 puntos en 10 minutos, mentras que tamén mellora a defensa, encaixando só 7. Chégase ó descanso co marcador en 19 - 21.
Reiníciase o partido e de novo os de Boiro se adiantan, pero con diferencias mínimas de 2-4 puntos. No final so 3º cuarto o resultado era de derrota por 1 punto: 35 - 36.
No último cuarto de novo o equipo volta a xogar mellor e segundo ianpasando os minutos ampliando as diferencias, ata os 11 puntos finais.

No hay comentarios:

Publicar un comentario