EXTRUGASA RIO ULLA B =23
Valeria (2) Aroha (4), Naila (3), Estela (2), Alba
Moares (2), Alba Miguéns (2), Cristina (-), Zaira (8).
CORTEGADA CLB D = 56
Bo partido das do equipo B, que pelexaron todo o encontro sen baixar os brazos. O partido parecia visto para sentencia despois do 1º cuarto, que finalizou cun 2 - 15, tras varios fallos clamorosos en entradas das locais a canasta. Pero empeza o 2º cuarto e as nosas rapazas seguen
combatendo, e logran un parcial de 8 a 2 que as acerca un pouco no marcador: 10 -19, tras unha canasta de Naila, e 6 puntos de Zaira. Tempo morto do equipo visitante e as rapazas vilagarcianas logran un parcial antes do descanso de 2 a 6 que deixa o marcador 12 - 25.
Na 2ª metade o equipo seguiu pelexando, pero as do Cortegada foron anotando e distanciandose cada vez un pouco mais. Ó final do 3º cuarrto o marcador era 20 - 43. E xa no último periodo as locais voltaron a ter erros en pases e a fallar tiros anotando só 3 puntos no cuarto. O marcador final fixo xustiza ó xogo despregado por ambos equipos.
===============================================
EXTRUGASA
RIO ULLA A = 47
Laura (10), Carmen (2), Andrea (8), Sabela (4), Sandra (3),
Iria (7), Nerea (-), Angie (13.
MECO TAPERIA ALDARA = 44
Se a semán pasada dicíamos que o equipo xogara mal na victoria ante o Arxil D, esta hai que recoñecer o gran partido xogado polas cesureñas, que foron quen de derrotar a un dos 2 equipos que ata o momento estaban invictas, o Meco chegado dende o Grove, cun pavillón que non parou de animar cada unha das afeccións ó seu equipo. Pero, i esto é o bonito do deporte, sen ningún tipo de incidente nin na cancha nin na grada. Estes son os partidos que crean "enganche" a este xogo, e polo tipo de equipos que son ambas escuadras, de 10 partidos xogados entre elas a saber que podería pasar... Calquera cousa.
Foi un partido no que dende o primeiro momento as locais se puxeron por diante. Abreu o marcador Laura, con 3 canastas consecutivas, para por un 6 a 2 tras os primeiros minutos. Pero o partido igúalase cara o final do primeiro cuarto, momento no que Iria pecha os 10 primeiros minutos anotando un lanzamento xusto antes de que soara a bocina, e puxera o 15 a 10 no marcador.
No 2º cuarto, e xa cos 2 equpos facendo rotacións prosegue a igualdade, pero sempre as locais 4 - 6 puntos por diante. Nos instantes finais do cuarto Iria anota unha tripla, pero o Meco anota unha nova canasta que leva o marcador ó descanso 24 a 21 para o Extrugasa.
Iniciado o 3º cuarto mais do mesmo. As canastas de Laura, Angie (6 puntos consecutivos), e Andrea ampliaban a diferencia cun parcial de 10 a 3 no minuto 26: 34 - 24. Pero o Meco seguiu pelexando, facendo dano a base de penetracións e cargar o rebote en ataque. Logran devolver o parcial cun 0 a 6 neses minutos finais do cuarto, para chegar ó final 34 a 30.
E no último cuarto a igualdade e emoción foi a tónica de cada xogada do periodo. A cada canasta local sucedíase unha visitante, co que as locais mantiñan unha ventaxa minima de 2 - 4 puntos. Andrea, Laura e Angie anotan, pero o Meco rapidamente contestaba con outros encestes: 40 - 38 a falta de 4 minutos. A pouco máis de 3 minutos gran asistencia de Laura a Sabela, que anota e recibe falta, inda que erra o adicional. A 2 minutos anota o Meco o 42 a 40. Faltando 1 minuto e medio Angie logra o 44 a 40 para o Extrugasa. Con 58 segundos Angie anota 1 tiro libre, e o Extrugasa defende 5 puntos de ventaxa. Quedando medio minuto anota Meco, tras rebotear en ataque: 45 - 42.
Andrea logra encestar faltando 16 segundos o 47 - 42. Recuperan as rapazas de Cesures a posesión, pero erran un tiro a falta de 7 segudos; e o Meco cruza a pista e logra anotar unha nova canasta antes de que acabe o tempo: 47 - 44.
Agora toca seguir entrenando e mellorando o xogo para que ambos equipos vaian para arriba.
No hay comentarios:
Publicar un comentario