Translate

jueves, 5 de junio de 2014

ALEVIN FEMININO AMARELO: O EXTRUGASA RIO ULLA FAI UN BO PARTIDO E PERDE ANTE O LIDER AD CORTEGADA (47 A 67)

Foto conxunta ó finalizar o partido. 
(Extraida do blog do AD Cortegada)

EXTRUGASA RIO ULLA = 47

AD CORTEGADA = 67

Parciais: 4 - 15; 10 - 5; 2 - 15; 16 - 2; 6 - 17; 9 - 13.

Tocou despedir a competición oficial para este grupo que rendiu a bo nivel este ano, con xogadoras que, ademais de destacar na categoria, asomaron a cabeza no equipo infantil, categoría á que pasa o noso equipo para a vindeira temporada.

Resultado enganso para o que foi o partido, pois nos 4 primeiros periodos, dos 6 que consta esta categoria, a igualdade era a tónica predominante. Ó final impúxose o líder demostrando porque o foi nesta fase, cunha traballada victoria, pois as nosas rapazas nunca se renderon.
 
O partido pareceia que o ia gañar facil Cortegada, logo de xogarse o 1º cuarto, o anotar ese 4 a 15; pero no seguinte o Extrugasa anota un 10 a 5, gracias ás canastas  de Laura e Sandra, e se achegan no marcador: 14 - 20.

Novo tirón das de Carril, que no 3º, fan outro 2 a 15 ó seu favor, chegando o descanso cun 16 a 35. 19 puntos que parecían xa insalvables. pero chega outro gran cuarto das locais, que sacan a relucir un gran baloncesto cimentado na defensa e no contrataque. Laura e Angie anotan varias canastas, incluidas 2 triplas, e pouco a pouco as diferencias vanse recurtando. Ese parcial de 16 a 2 devolve a emoción ó encontro, que afronta os 2 ultimos cuartos co Cortegada gañando por 5: 32 a 37.

No 5º cuarto, cos cambios condicionados polas rotacións, tan só Sandra ve aro para as locais, e o Cortegada fai un 6 a 17 ó seu favor de novo, poñendo a diferencia en 16 puntos: 38 - 54.

O ultimo perodo foi un intercambi ode canastas entre as xogadras dos 2 equipos, gañando o parcial o Cortegada cun 9 a 13; e deixando o marcador final neses 47 a 67 puntos.

O mais bonito do partido foron os xestos deportivos durante e ó final do mesmo, xogadoras rivais, pero á vez amigas que se saudaban antes, durante e despois do encontro, posando incluso xuntas nesta foto de recordo. Sen dúbida que estes bos partidos se repatirán nos vindeiros anos, xa na categoria infantil, con campo e canastas grandes.

A competición oficial rematou, non así a temporada; pois agora veñen varios fins de semana con torneos amistosos. Toca seguir disfrutando e aprendendo.

1 comentario:

  1. Noraboa as alevins amarelas e os seus adestradores pola tempada. Para o ano vai a ser mais duro, porque o equipo sube de categoria, pero: ENTRENAMIENTO + ESFUERZO + ILUSION = MELLORA.
    Luis N.

    ResponderEliminar