Translate

lunes, 9 de junio de 2014

2º PEQUE-BASKET PORTOSIN


Este pasado fin de semana o C.B Rio Ulla participou no 2º PequeBasket de Portosin con 4 equipos do clube.

Sábado 7 participou o equipo Benxamin
Domingo 8 participaron os 2 equipos Alevíns Femeninos e o Alevín Masculino

Un gran fin de semana, no que os nenos xogaron varios partidos contra equipos da talla do "Celta de Vigo", "C.A.B. Obradoiro", "Universitario de Ferrol" ou os asturianos do "Colexio Rio Piles" de Xixón.


- Ó Equipo Alevín Amarelo tocoulles xogar contra: C.B. Vilagarcía, Boiro, Ribeira e Universitario de Ferrol.

 Angie atacando contra Boiro baixo a atenta mirada de Nerea, Sandra e Fruqui



Había cousas que aclarar no cambio de cuarto. Ainda que a Franco e Rodri lles chamaba máis a atención outra cousa. (que sería...)



- Ó equipo Alevín Verde tocoulles no grupo con: Porto do Son, Río Piles, Cluny e Celta de Vigo

Paula non se amedrentaba contra un equipo que ten unha das mellores canteiras de Galicia 
o Celta de Vigo



Había que correr moito para poder chegar a defender. 
A Ana parecía que lle costaba arrancar jeje, ata o árbitro viase apurado.



- Ó equipo alevin masculino tocoulle xogar contra: Ribeira, Porto do Son, Obradoiro e Basket Coruña

 Rodri buscaba un compañeiro ó que pasarlle, Raúl non o vía claro


Jon conseguiu atopar un oco para facer unha entrada baixo a mirada de Lois e o árbitro


Despois de xogar toda a mañan tocaba repoñer forzas


 Era momento de comer todas xuntas


Era tamén momento para algunha broma. A ensalada de Raúl dou moito xogo.
O debut de Yoel era outro dos temas de conversación.


Mentras non comezaba a xornada da tarde houbo tempo para xogar un par de partidas ó popular xogo do "pañuelo" un nenos contra nenas, no que hubo alguns piques sanos e nas que tamen participaron algunha nena do C.B Vilagarcía amigas de outros torneos.


- Despois de xogar algun partidiño máis pola tarde, a organización fixo uns ultimos partidiños de exibición. Un autentico ALL STAR con 4 equipos formados por 2 xogadores de cada equipo.

Un ALL STAR Masculino e outro Femenino.


No equipo do grupo "A" participaron Jon Ander e Rodrigo
Alí estaba Alvaro en primeira fila para apoiar ós seus compañeiros



 No equipo do grupo "C" participaron Ana e Paula



No equipo do grupo "D" participaron Laura e Sandra 
con Fruqui como Adestrador deste equipo All Star



Un gran fin de semana no que houbo moito baloncesto e moita diversión.

Dende o Clube queremos darlle a noraboa o C.B. Porto do Son pola gran organización do evento, e as gracias por convidarnos a pasar un gran domingo con todos esos clubes.


No blog do C.B. Porto do Son atoparedes mais fotos do fin de semana:

cbportodoson.blogspot.com



.

No hay comentarios:

Publicar un comentario