Translate

lunes, 5 de mayo de 2014

Partido benxamín mixto 3-5

Foi un partido que non se dominuo con total plenitude ata o 3º periodo, no que lle sacamos un parcial de 0-10 a favor nosa e nos daba unha victoria case asegurada, a pesar de que foramos tan só 7 xogadores. Foi un partido completo por parte de todos: nunca vin un partido no que o equipo estivera tan unido como entón, xa que entre todos movían o balón sen dificultade e anotaban da maneira máis sinxela posible.

Foron uns parciais de 2-8; 9-9; 0-10; 6-6; 2-14 e 2-4, quedando un resultado final de 21-51 a favor nosa no pabellón do Caldas Cortegada.

A excepción da xogadora nº 9 Carmen (a cal fixo un gran partido repartindo asistencias entre todos os compañeiros), o resto anotaron: Lois con 9 canastas e 1 tiro libre (19 ptos), Tomás e Julia con 5 canastas cada un (10 ptos), Mariña con 3 canastas (6 ptos) e Lorena e Mateo con 1 canasta cada un (2 ptos).

Agora a seguir traballando e a divertirse.

No hay comentarios:

Publicar un comentario