Translate

domingo, 18 de mayo de 2014

Cronica Alevín Masculino


*foto coas camisetas conmemorativas de Campións de Liga e Copa
**gracias ós pais por colaborar e gardar o segredo durante toda a semana

 

RESULTADO:

Extrugasa Rio Ulla 59  -  Xuven Cambados 14


DORSAIS:

nº 4 Lois - 4 puntos
nº 5 Raul - 3 puntos
nº 6 Alvaro - 4 puntos
nº 7 Jon Ander - 14 puntos
nº 8 Pablo De Jesus - 6
nº 9 Rodrigo - 12 puntos
nº 10 Telmo - 4 puntos
nº 12 Pablo Miguens - 4 puntos
nº 14 Franco - 8 puntos


PARCIAIS POR PERIODOS:

1º  16 - 0
2º  14 - 0
3º  5 - 3
4º  8 - 0
5º  9 - 4
6º  7 - 7

CRONICA:

Categoria: Alevin Masculino.
Grupo: COPA AROUSA II
4º Partido da 2ª volta

Pavillon: Municipal de Pontecesures
Data/Hora: 18/05/2014 - 12:00h

Non se presentaron arbitros por parte da federación, tendo que facer mesa 2 nenas Alevíns e arbitrar o adestrador Benxamín (Gracias Angie, Laura e Raúl).

Comezamos o partido moi ben en ataque e mellor en defensa. Os nenos aplicaronse e comezaron ben dende o principio (cousa que nos costou moito durante toda a temporada) e neste primeiro periodo conseguimos un parcial de 16-0 favorable a nos.

Os nenos seguiron igual de ben no segundo periodo e con un parcial de 14-0 provocaba que nos foramos o 3* periodo con un 30-0 a noso favor.

No 3* periodo comezou a relaxación que provocaba moitas perdidas de balón, e moitos tiros do Xuven, que por sorte para nos, non entraban. Un parcial 5-3 deixaba un marcador de 35-3 ó descanso.

Comezou o 4* periodo, volveuse a defender ben, pero a falta de tensión en ataque provocaba moitos erros en tiros e pases. Cun parcial 8-0 o marcador quedaba en 43-3

No 5* e  6* peridos volveu a relaxación producida por un resultado tan favorable. Pero os nenos de Cambados non deron un balón por perdido en todo o partido e seguiron loitando ata o final.
Sendos parciais 9-4 e 7-7 respectivamente, deixaban un marcador de 59-14 ó final do partido.

Un partido con boas sensacións, no que todos os xogadores anotaron pero no que houbo demasiados erros evitables, que serviu de despedida do noso público.

Agora falta o último partido da tempada en Vilagarcía. Toca seguir adestrando para mellorar e de cara a futuros torneos amistosos de Verán.

Noraboa ós nenos

Noraboa tamen ós pais por un comportamento exemplar durante toda a temporada.



.

2 comentarios:

  1. Gracias a ti Pedro xa que a idea das camisetas foi cousa tua, e un moi bo recordo para os nenos..
    Felicidades Rapaces...

    ResponderEliminar
  2. QUERO FELICITAR O EQUIPO ALEVIN MASCULINO E O SEU ENTRENADOR POLA TEMPADA TAN BOA QUE FIXERON. OS TITULOS SON UN PREMIO, PERO O ENTRENAMENTO DIARIO E A BASE DOS EXITOS FUTUROS... SEGUIDE ASI.

    ResponderEliminar