Translate

lunes, 19 de mayo de 2014

ALEVIN FEMININO AMARELO: EXTRUGASA RIO ULLA 37 - CB VILAGARCIA ROSA 48

DOMINGO 18/05/14. 17 H. PAVILLÓN DE PONTECESURES

EXTRUGASA RIO ULLA AMARELO =37
Laura (12); Valeria (2); Aroa (-); Angie (8); Alba (-); Nerea (2); Sandra (9); Zaira (2) e Sabela (2).
(Noa non xogou por estar mancada. Desesarlle unha pronta recuperación dende aquí) 

CB VILAGARCIA ROSA = 48

Parciais: 6 - 8; 8 - 3; 2 - 7; 4 - 10; 4 - 8; 13 - 12.



Interesante partido o disputado no dia de onte en Pontecesures ante un rival que estivo todo o ano por diante nosa, pois nos gañou os 4 partidos xogados ó longo do ano. Curiosamente o noso equipo xogou mellor na nosa pista, que na súa. Esto ten fácil explicación: o seu campo, ó ser de menor superficie, facilitalles o traballo defensivo ca presión que fan; mentras que en Pontecesures, ó xogar en campo mais grande facilitábanos a nos a saida de balón.
O noso equipo tivo opcións de poder chegar a un final mais igualado, pero non puido ser. Hai partidos que se gañan ó ataque, e outros dende a defensa (os 2 últimos na Illa hai 2 semanas, e Arxil en Pontecesures a semana pasada son claros exemplos); pero hai partidos, ante rivais que si se lles quere facer frente, non se poden cometer os erros que cometeu o noso equipo. En baloncesto os adestradores distinguimos 2 tipos de perdas do balón: as que che forza o equipo contrario; e as que os xogadores dun equipo "regalan" directamente ó seu rival. Pois ben, onte as nosas rapazas tiveron moitos deses erros en forma de "regalo", pases directamente ó rival, que nos costaron varias canastras moi fáciles anotadas polas rapazas do CB Vilagarcia. E si temos en conta que a diferencia final foron 6 canastras pois atopamos a clave da derrota de onte.
Empezou o partido e o Extrugasa Rio Ulla comezou perdendo varios balóns, e as rivais puxeronse diante 2 - 5. Un tempo morto local serviu para que o equipo empezara a xogar mellor, e sendas canastas de Laura e Sabela puxeron diante as nosas rapazas (6 - 5). Pero un tiro libre anotado, mais logo  unha nova canastra do CB Vilagarcia levaron o 6 a 8 co que acabou o 1º período.
No 2º set domiñou o Rio Ulla. Saíase da presión, non se regalaban balon e se buscaban boas opcións de intentar anotar. Acabou 14 a 11 a prol das nosas.
No 3º sen embargo empezaron de novoos problemas. Moitos erros nos pases e pouco acerto cara a canastra. Parcial de 2 a 7 e chegábamos ó descanso perdendo de 2 puntos.
Esto mesmo pasou no 4º periodo. Mais balóns regalados ó rival, varios diante da nosa canastra, que eran automaticamente anotados polas rapazas de rosa, e estas marchanse ó final do cuarto 20 a 28.
No 5º set intentamos xogar con altura frente o quinteto das contrarias. Non supemos xogar pases por arriba, e inda que cun tempo morto se correxiu en parte, fallábanse tiros cercanos, e logo as vilagarcianas, mais pequenas, sabian coller o rebote ante a pasividade das nosas, e anotar á contra: parcial de 4 a 8, e chegábamos o derradeiro cuarto 24 - 36.
Xa no último buscamos arriscar cunha presion que nos dou varias canastras tras roubo, pero que nos supuxo anotar outras en contra por non chegar a defender se rompian a nosa primeira liña da presión. Parcial igualado, gañado polas nosas ó anotar 13 puntos a 12, e acabou o partido con ese 37 a 48 no marcador final. 
Por sorte, este partido quedará grabado, para dentro duns días poder repasalo con calma en vídeo, e que as xogadoras veñan seus acertos, pero sobre todo os fallos, porque calquera deportista, ademais de divertirse facendo deporte, debe ter espiritu de superación, gañas por mellorar e afan por aprender. E de seguro que, aprendendo de partidos coma o de onte, e poñendo un pouco dese afán de superación, as nosas rapazas mellorarán, porque teñen recorrido pra facelo. Agora falta por o dia para revisar ese video. Os adestradores poñerán as palomitas, e a disfrutar...

2 comentarios:

  1. Estou totalmente de acordo cos motivos da derrota, gustoume comprobar que fomos capaces de defender bastante ben, fixémolo durante tres cuartos, e, ata ahí tivemos todas as opcións de poder gañar. Para o seguinte partido a seguir mellorando outro pouquiño físicamente e esa defensa, que por certo foi moi valorada dende as gradas. Ánimo

    ResponderEliminar
  2. SE MELLORAMOS A DEFENSA COLECTIVA, E O REBOTE, ESTE EQUIPO TEN MARXE DE MELLORA, ANIMO RAPAZAS. ENTRENAMIENTO + GANAS + ILUSION = MELLORA.

    ResponderEliminar