Translate

lunes, 5 de mayo de 2014

Cronica Alevin Masculino



RESULTADO:

C.B. Vilagarcia 8  -  Extrugasa Rio Ulla 58


DORSAIS:

nº 4 Pili (Benxamin) - 2 puntos / 4
nº 5 Estela (Benxamin) - 2 puntos / 4
nº 6 Alvaro - 4 puntos / 6
nº 7 Jon Ander - 12 puntos / 16
nº 9 Rodrigo - 12 puntos / 16
nº 10 Tomás (Benxamin) - 0 puntos / 0
nº 11 Lois (Benxamin) - 16 puntos / 20
nº 12 Pablo Miguens - 3 puntos / 3
nº 14 Franco - 7 puntos / 15


PARCIAIS POR PERIODOS:

1º  2 - 9
2º  0 - 19
3º  4 - 15
4º  2 - 14
5º   -
6º   -


CRONICA:

Categoria: Alevin Masculino.
Grupo: COPA AROUSA II
2º Partido da 2ª volta

Pavillon: Castelao (Vilagarcia)
Data/Hora: 04/05/2014 - 12:00


O Rio Ulla ia a Vilagarcia con moitas baixas e tendo que levar a 4 xogadores benxamins. O partido non era moi transcendente posto que era contra os ultimos clasificados asi que os benxamins ian disputar minutos.

Comezou o partido e ós rapaces do Rio Ulla parecia que lles costaba anotar, defendian ben, pero non habia acerto en ataque. Varios contraataques de Jon Ander poñian as primeiras diferencias no marcador cara o final do 1º periodo.

Comezou o 2º periodo e Lois fixo como fan os grandes xogadores. Dixo aqui estou eu, e comezou o que seria o seu mellor partido do ano anotando 7 puntos neste periodo triple incluido con 100% de acerto no lanzamento, e escudado por Rodri que anotou 8 dos seus 12 puntos neste periodo.
A defensa foi perfecta probocando que os locais non anotaran neste 2º periodo.


No 3º periodo co partido xa sentenciado o Rio Ulla seguiu co rodillo en marcha e fixo outro parcial de 1 - 16 facendo que ata os mais pequenos do equipo se viñeran arriba e intentaran encarar ás nenas moito mais grandes fisicamente do C.B. Vilagarcia. Asi a benxamin Pili unha das 2 debutantes co Alevin Masc conseguia a sua primeira canasta coa conseguinte felicitación de todos @s compañeir@|s.


Despois do descanso a Lois parecialle pouco, e anotando outros 9 puntos (outro triple incluido) neste 4º periodo mantendo o 100% no lanzamento, probocou que @s compañeir@s o buscaran para que el anotara as canastas, e que os pais aplaudiran con mais animo (se cabe) cada accion do rapaz. No final deste periodo unha canasta da outra benxamin debutante Estela probocaba o 8 - 58 que pechaba o marcador e os aplausos dos pais e compañeir@s.


O partido seguiu igual, e inda que as canastas xa non se reflexaban na acta nin no marcador @s nen@s do Rio Ulla seguiron anotando. Outra canasta de Pili e outra de Estela, facian que as rapazas marcharan moi contentas co seu debut neste equipo.

No último periodo Lois anotou 4 puntos mais agora si fallando algun lanzamento e o Rio Ulla rematou o partido cos 4 benxamins en pista e Rodri.


Un partido moi bo a nivel xeral, con unha moi boa actuacion en ataque e en defensa dos benxamins Pili, Estela e Tomás, este ultimo roubando moitos balons que probocaban contraataques nosos.


E sobre todo o gran partido de Lois no que anotou 16 puntos (20 en total) que lle ven moi ben de cara o importante partido que ven agora contra os rivais directos pola copa (Marín)


Destacar tamen o bo partido dos 5 alevins Jon, Rodri, Pablo, Alvaro e Franco que ainda que algun momento a relaxación lles fixo perder algun balón sinxelo, xogaron un bo partido en xeral.


Agora a adestrar con ganas esta semana para afrontar o partido contra Marín. Que en caso de victoria xa seriamos campións de copa, e en caso de derrota, aida quedarian 2 partido por xogar, asi que non pasaria nada :)


Noraboa a tod@s. A seguri traballando para mellorar.


E darlle as grazas os 4 benxamins por vir a axudarnos

1 comentario:

  1. Pedro a cronica OK.
    Felicitar a todo o equipo en especial os benxamins que fixeron un gran partido .
    Noraboa rapaces.

    ResponderEliminar