Translate

lunes, 5 de mayo de 2014

CATEGORÍA: 2ª DIVISIÓN JUNIOR MASCULINA
XORNADA 5- COPA PRIMAVERA- :  01/05/14
EXTRUGASA RÍO ULLA 67 - BBC “N” 62

EXTRUGASA RÍO ULLA 67: David Vietes ( 4 ), Uxío Beiró ( 8 ), J. Cándido Cabo ( - ), Martín Abalo ( 17 ), Sergio Martínez ( 31 ), Yago Llerena ( 2 ), Oscar Abelenda ( - ), Pedro Touris ( 2 ), Raúl Piñeiro ( - ), Carlos Costas ( 1 ), Samuel González ( 4 ), Alex Baleirón ( - ).
                  
PARCIALES: 18-11; 19-17; 21-21; 09-13.
ÁRBITROS: F. Blanco y D Vázquez. Sinalaron 20 faltas ao equipo cesureño e 13 ao equipo visitante. Eliminado Sergio do Río Ulla. 


O partido era moi importante para o equipo cesureño, porque se gañaban estaban matematicamente clasificados na seguinte ronda. E esa concentración foi a que tiveron  desde o primeiro minuto ata o final do encontro.  Unha boa defensa nestes dous primeiros cuartos e gran acierto en ataque, facían que o equipo levara unha vantaxe que rondaba os dez puntos. O equipo visitante desenrrolaba  defensas con largas axudas e logo tamén con defensas zonais, intentando ser fortes na pintura – Yago non podía imponer o seu xogo interior-; pero foise rompendo a telaraña defensiva a base de acertos no tiro exterior, onde case todos os xogadores do Río Ulla convertían canastas. Mención especial para Sergio con 5 triplas e 31 puntos – a maioría con tiros exteriores-. O terceiro cuarto foi un festival de tiros convertidos por parte dos dous equipos, e no último cuarto foi moito máis táctico, con posesións longas no equipo local, e presión nos últimos minutos do equipo visitante. Así, logo de ir dominando 39 minutos, no último deles, teñen un triple que podía significar a prórroga. Fallo, rebote e falta, con conversión dos tiros por parte de Martín, deixou fóra calquera outra posibilidade. Así, o equipo cesureño clasificouse para a seguinte ronda como segundo, xa que non puido superar o basketaverage do primeiro partido do equipo de BBC que rematou có primeiro posto.

No hay comentarios:

Publicar un comentario