Translate

miércoles, 16 de abril de 2014

COÑECENDO ÓS ADESTRADORES: ENTREVISTA A PEDRO








NOME:  Pedro Piñeiro
FECHA DE NACEMENTO:  21/06/1989
LUGAR: Pontecesures
EQUIPO:  Adestrador do equipo Alevín Masculino. Xogador Senior


Comezamos a entrevista 

- ¿¿Cantos anos levas no basket??

- Comecei a xogar no 2002 como infantil osexa hai 12 anos, antes xogaba o futbol. Como adestrador sinon me equivoco esta é a quinta tempada, houbo algún ano polo medio que estuben sen adestrar a ningún equipo.

- ¿¿Cal é o mellor recordo que tes dun partido??

- Unha fase se ascenso que xogei cos Senior sendo Xuvenil. Perdéramos na final, pero subían os 2 finalistas. Ata viñera Radio Valga a retransmitir a final-four en directo. Pasáramo moi ben.

- ¿¿Quen foi ou é o teu mellor amigo dentro dun equipo nos que estibeches, e quen o mellor compañeiro??

- Pufff amigooo… Juanjo… Xogamos xuntos durante 7 anos mais ou menos, chegamos xuntos a Senior e entendiamonos ben e apoiabamosnos moito dentro da pista.
O meu mellor compañeiro… Por calidade e tal supoño que Santi, ou Antonio o ano que xogou con nos. Teñen moita calidade individual, pero saben facer equipo moi ben.

- ¿¿A que xogador che gustaria haber tido como compañeiro de equipo??

- Dennis Rodman. Un tio que foi mellor xogador defensivo da NBA e que se pintaba o pelo de colores tiña que ser tremendo telo como compañeiro. Gustame moito a defensa, con el estaría encantado.

- ¿¿A que xogador che gustaria haber adestrado??

- Esta si que é difícil… creo que José Calderón. É un xogador moi moi intelixente, que defende moi ben, cousa que eu lle pido os meus xogadores sempre, defensa. Creo que poderia aprender moito del, porque os adestradores tamén aprenden dos xogadores.

- ¿¿Como te definirias como xogador??

- Todoterreno. Creo que son un desos xogadores que non destaca en nada precisamente, pero que fago de todo.

- ¿¿Como te definirias como adestrador??

- Superdefensivo e moi intenso. Esixolle moito ós nenos. Ás veces penso que me paso un pouco, porque berro moito, pero o final vale a pena vendo todo o que melloran os nenos. Ainda teño moito que aprender pero pouco a pouco imos mellorando

- Unha pregunta distinta... ¿¿Unha cor favorita??

- Azul. Pero non un azul calquera. O azul eléctrico. Encantame esa cor

- ¿¿Equipo de basket favorito??

- Español?? Europeo?? NBA??
Español: agora son socio do Obra, pero sempre me gustou o Baskonia
Europeo: o Olympiacos encántame
NBA: os Chicago Bulls dos anos 90 gustabanme moito. Agora a NBA é un negocio non un deporte e cambiou moito, xa non me gusta tanto.

- ¿¿Teu xogador/a favorito/a??

- Fuah!!!... Sin duda ninguna o mellor de todos os tempos. Michael Jordan para min o rei deste deporte. Ainda que tamen Earvin "Magic" Johnson me encantaba. A visión de xogo e os pases “imposibles” que daba eran tremendos.

- ¿¿Que deportes che gustan??

- Todos. Gustanme todos. E si podo practicoos. En equipo, de raqueta, rodas… calquera

- ¿¿Que te levarias a unha Illa deserta se so puideras levar 1 cousa??

- pfffff… compañía pero xa non seria deserta jajajaja… Non sei. Algo útil supoño

- ¿¿Libro e Pelicula??

- Libro: Mornig Star. Encantame. Un libro de ladrons que transcorre na Galicia do seculo 19
Pelicula: Salvar o soldado Ryan

- ¿¿A que sitio che gustaria viaxar??

- A viaxe dos meus soños é facer a antiga Ruta 66 de EEUU. E algún día conseguireino

- ¿¿Unha afición aparte do basket??

- Os coches, as motos e todo o que teña que ver con eles. Encantanme os rallys e as carreiras de motos. E “chafullar” nos coches.

- Ultima pregunta ¿¿Con quen te irias de cañas unha tarde??

- Con alguen importante… Non sei, o Rei por exemplo. Ten que ser un cachondo mental, e preguntarialle un par de cousas.



Pois estas son as respostas que nos dou Pedro.
Agora xa coñecemos un pouco mais ó adestrador/xogador do C.B. Rio Ulla.
Unha persoa á que lle gusta defender e berrar.


No hay comentarios:

Publicar un comentario