Translate

lunes, 31 de marzo de 2014

MAÑÁ MARTES A PARTIR DAS 20 H GRAN FINAL XUNIOR FEMININA NO POLIDEPORTIVO DE PONTECESURES, ENTRE O NOSO EQUIPO E O CORTEGADA.

Equipo Xunior Feminino do Rio Ulla 2013-14.
 
Mañá martes a partir das 20 h, nunha data pouco habitual motivada por unha viaxe de estudos, o Extrugasa Rio Ulla xunior feminino poderá ser o campión da liga 2013-14. Para elo ten que facer valer a diferencia que logrou esta pasada fin de semana en Carril, gañando por 12 puntos, logo de derrotar o Cortegada por 
40 a 52.

Sería un novo premio a unhas xogadoras que levan varios anops entre as mellores, nun ano especialmente difícil e igualado cos demais equipos da categoria. Poucas veces se da que na cabeza dunha liga de 7 equipos 5 queden cas mismas victorias e derrotas. Pois eso pasou este ano nesta competición, e as cesureñas sairon favorecidas nos basketaverages, e o equipo quedou 1º, o que lle dou ventaxe de campo nos cruces de semifinais, ante Pío XII, e agora na final ante o Cortegada de Vilagarcia.


Así que desexar que mañá vexamos un gran encontro, e que as nosas poidan facer valer ese factor campo + os 12 puntos de ventaxa para ser campionas.

  MAÑA A PARTIR DAS 20 H. O POLIDEPORTIVO DE PONTECESURES VIVIRÁ OUTRO PARTIDO “DO SÉCULO”…
¿ DE VERDADE VAS A PERDER DE ESTAR ALÍ ANIMANDO?

No hay comentarios:

Publicar un comentario