Translate

sábado, 29 de marzo de 2014

ALEVIN FEMININO AMARELO: O EQUIPO PERDE CONTUNDENTEMENTE ANTE O CB VILAGARCIA 03 (51 A 33)

CB VILAGARCIA = 51

EXTRUGASA RIO ULLA MARILLO = 33

Laura (7), Valeria (-), Aroha (-), Angie (3), Noa (-), Nerea (-), Sandra (19), Zaira (-), e Sabela (4).

Partido adiantado a esta pasada tarde de venres que se disputou no recinto feiral de Fexdega. Decir que o partido se disputou é moito decir, pois nos 3 primeiros periodos (na primeira parte) o equipo saltou á cancha, pero pouco mais fixo.

De entrada no 1º periodo ante a presión das locais perderonse numerosos balón que permitian contrataques delas. E eso que estaban avisadas de que había que romper a presión con pases directos e movendo rápido o balón. E os poucos balóns que se chegaban a xogar cerca do aro eran malos tiros das nosas nenas. Parcial de 16 a 0 que poñia o partido costa arriba.

Cambio de periodo e cambio de xogadoras, pero a mesma actitude no campo. Malos tiros que non tocaban aro, ou se o tocaban saian rebotados. E tirouse algo mais, porque as locais, logo de anotar o punto 18 por 0 as nosas, retiraron enseguida a presión. Tan só Sandra anotou unha tripla nestes 8 minutos, os que se chegou cun marcador de 22 a 3.

Terceiro set, e novamente o equipo andaba perdido. Ademais de tirar pouco e mal, a defensa era unha coladeira. As locais non presionaban, non lle facía falta: con defender atrás, ou roubaban, ou reboteaban os malos tiros do Extrugasa, e corrian contrataques ante a mala defensa das amarelas, ás que lle costaba baixar. Parcial de 8 a 2, e o marcador ó descanso era de 30 a 5. Mais claro non podía ser o marcador: unhas xogaban e as outras miraban.

Con esa mesa actitude empezou a 2ª metade, hasta que un novo tempo morto do adestrador, ós 2 minutos de empezar as espoleou. Pouco a pouco empezaron a adar axudas cando as locais rebasaban á sua defensora, logrnado non facer falta, para logo coller o rebote. Sandra liderou a ofensiba neste cuarto, meteu unha canasta, e tamén 1 tiro libre, pero cun pobre porcentaxe, pois tirou 8 veces neste periodo dende a personal. Novo parcial para as locais de 6 a 3, e o marcador sinalaba o 36 a 8.

E de repente no 5º cuarto o equipo cambiou. As axudas en defensa dabannos rebotes, e empezabamos a correr da man de Laura. Logo no ataque estático Sandra veía aro con facilidade. Un total de 13 puntos dela neste cuarto, con 2 triplas incluídas, mais o bo traballo defensivo, permitiu ó Extrugasa reducir as diferencias: 45 a 24.

E continuou a melloria no xogo. Laura anotou unha tripla e unha contra, e Sabela anotou por fin debaixo do aro. Foron 2 canastas sencillas pero efectivas. O equipo puxose a 16 á falta de 2 minutos, obrigando á adestradora local a pedir tempo morto para correixir ás suas xogadoras. Finalmete a diferencia foi de 18 puntos. E menos mal.

Fruqui.

8 comentarios:

  1. A veces o casi siempre,se aprende mas de una derrota.Creo que debemos empezar a mejorar en defensa hacerle ver a las niñas que esta tb es agradecida y valorada por las gradas.Gracias por la crónica.

    ResponderEliminar
  2. Creo que tes moita razón. Nós estabamos moi dormidas e elas xogaron moi ben.
    Ainda que tamén hai que saber perder. Ao final puxemonos as pilas e emprzamos a xogar mellor. Dende como empezamos,ata como acabamos hai moita diferenza.

    ResponderEliminar
  3. Pareceme normal e a parte todo o que dixestes é verdade Fruqui . No primeiro cuarto,ou polo menos nestes ultimos partidos, costamos espertar. EXCUSA: ESTABAMOS MOI CANSADAS DE MADRUGAR NESTA SEMANA. Tamén hai que admitir k a segundo parte foi moi boa.

    ResponderEliminar
  4. Cando nos fan presión a toda a pista costalle moito ao equipo situarse no campo.

    ResponderEliminar
  5. A verdade, é que tes moita razón.Porque ata a metade do 3º ou 4º periodo non despertamos,grazas a que o Vilagarcía retirou a presión a toda pista . Despois a entrenadora do outro equipo tivo que pedir tempo morto.
    Os nosos tiros non entraban. Hai que usar a palabra "concentración"

    ResponderEliminar
  6. Creo que tienes razon fruki. No jugamos nada bien . Sobre todo estabamos muy paradas de piernas y ellas cirruan mucho y todo ek rato. Parecian electricas. y no defendimos bien.tanbien no lograbamos tirar bien a canasta. Bueno espero que en el proximo partido estemos mejor jugando y asi ganar.

    ResponderEliminar