Translate

sábado, 29 de marzo de 2014

2ª DISIVIÓN MASCULINA: INFANTIL MASCULINO: CB VILAGARCIA 44 - CB EXTRUGASA RIO ULLA 55

CB VILAGARCIA 44 - CB EXTRUGASA RIO ULLA 55

Partido xogado no pabellón de Castelao.

Logo de 2 semanas parados, o equipo infantil volvía a vestirse de longo. O certo é que a falta de ritmo veuse no primeiro cuarto, onde o equipo cesureño perdeu moitos balóns e fallou todo o que se podia fallar.
Circunstancias que o equipo local, soubo aprobeitar con rápidas transicións que acababan en canastras fáciles.

O 2º cuarto, máis do mesmo, o Rio Ulla non encontraba o ritmo do partido, e o C.B Vilagarcia dominaba en rebotes e en puntos. 28-22

Nos último 2 cuartos, o equipo visitante probou a defender en zona, coa ventaxa de ter xente grande. Ben, pois o C.B Vilagarcia nunca deixou de plantar cara, pero debido a boa defensa feita polo Extrugasa Rio Ulla e a 2 triplas de Pablo, conseguimos penetracións que remataban en 2+1, tiros ben posicionados e rebotes defensivos como en ataque. O claro foi, que unha boa defensa fixo que tiveramos un bo ataque.

Para o Extrugasa Rio Ulla xogaron: Ángel (4), Diego, Tofic(7), Rubén(2), Aaron, Lois, Álvaro(9), Pablo(30), Eloy (3), Jon Ander(alevin)

No hay comentarios:

Publicar un comentario