Translate

lunes, 8 de noviembre de 2010

Partido Senior

O pasado sabado dia 6 ás 19:30 os senior do C.B. Río Ulla desputarón o 4º partido correspondente á liga zonal arousana no pabillón municipal de pontecesures.
Un partido complicado contra un dos equipos favoritos a levarse o titulo de liga o C.B. Illa de Arousa.
O partido comezaba con unha serie de malos ataques e malas defensas dos locais nos primeiros minutos e un parcial 0-6 no minuto 5 que tras un tempo morto se subsanaron maquillando asi o parcial do 1º cuarto quedando nun 12-15 a favor dos visitantes
Pero as cousas cambian no 2º cuarto. Un equipo metido en defensa e cas ideas moito mais claras en ataque comezou a poñerlle as cousas dificiles os visitantes dexando o marcador nun 17-22 no minuto 15 e indose o descanso cun 30-24 para os Locais. (Parcial 13-2 nos 5 ultimos minutos)
No 3º cuarto as cousas non cambiaron e sempre cunha boa defensa e un ataque ordeado no minutos 25 cun resultado 33-34 e chegouse ó ultimo cuarto cun marcador 37-42 favorable ós Visitantes
No derradeiro cuarto seguiu a mesma liña. No minuto 35 o resultado era de 40-42 para os visitantes, pero varias tecnicas o equipo visitante por protestar, un acertado porcentaxe dende a liña de tiros libres e unha boa actuacion na defensa concluiron cunha victoria local cun rebote en ataque e unha canasta de Arturo Nº13 tras un triple errado no derradeiro segundo de partido. 50-48

Anotación dos xogadores:
Peñaño: 15
Pedrito: 7
Santi: 6
Arturo: 13
Juanjo: 4
Pepi: 5

Destacar a actuación do xogador Nº 7 do C.B. Illa de Arousa con 20 puntos.

Unha victoria a base de defensa e ideas claras que pese ó malo porcentaxe de tiro exterior 10% serve para poñer en marcha ó equipo e para subirlle a moral de cara a vindeiros encontros.
Destacar o apoio do publico e esperar que siga acudindo a animar os senior e demais equipos.
A seguinte xornada xogarán en Lalin. Un partido igualado cunha ribalidade especial.

No hay comentarios:

Publicar un comentario