Translate

lunes, 8 de noviembre de 2010

Partido Cadete Feminino



FOTO: Antonio Entrenador, Naiara, Lara, Sandra, Paula, Iria
Sonia, Larita, Antia.S, Belén, Eva, Antia.C



O pasado sábado día 6 ás 12:30 as nenas cadetes do C.B. Río Ulla disputaron en ferrol o partido de ida da eliminatoria de ascenso a liga galega contra o equipo C.B. Mercedarias
Un partido duro que comezaba cun parcial de 17-6 no 1º cuarto con malas definicións en ataque e alguns erros defensivos por parte das cesureñas.
Pero os problemas comezaron no 2º cuarto cando unha afogante presión das ferrolás probocou excesivas perdas de balón por parte das cesureñas encaixando neste cuarto un parcial de 25-2, indose asi o descanso cun resultado no marcador de 42-8 a favor das ferrolás.
O partido (xa case resolto) reanudouse coa mesma tonica do 2º cuarto rematando o este 3º cun resultado de 63-13 a favor das locais.
Nun ultimo cuarto de transición, o resultado elevouse ata un 78-17 final a favor das locais.
Salientar as lesions de 4 xogadoras cesureñas Antia Cajaraville cunha escordadura de boneca, Eva Gerpe cun forte golpe na cabeza que a obrigou a deixar o partido na metade deste, pero por sorte xa recuperada, Lara Alvarez cunha escordadura nun dedo da man e Larita Rarís cunha escordadura de nocello.
Cabe destacar a entrega das xogadoras cesureñas que pelexaron durante todo o partido e que todavia lles queda o partido de volta por desputar seguramente o sabado pola mañan no pabillon municipal de pontecesures.
Dende aquí animar a todos/as para que acudan a apoiar ás nosas cadetes, e desexar a pronta recuperación das lesionadas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario