Translate

martes, 16 de noviembre de 2010

Partido de volta cadete femenino

O pasado sábado día 13 ás 12:00 as nenas cadetes do C.B. Río Ulla disputaron en pontecesures o partido de volta da eliminatoria de ascenso a liga galega contra o equipo C.B. Mercedarias de Ferrol.
O partido viña cun resultado adverso de 78-17.
Un partido que servia para ver a capacidade de reacción das cesureñas, pero sen relativa importancia posto que o resultado era practicamente imposible de darlle a volta.
Un partido que comezaba moi mal con un parcial de 0-17 para as de ferrol, e cun entrenador de cesures intentando recalcar e poñer orden nas ideas das cesureñas, chegando asi o descanso cun resultado de 5-43 a favor das ferrolás.
Comezaba asi o segundo tempo coa mesma tonica da primeira metade. So conseguian poñer un pouco de orde no caos as infantiles do C.B. Rio Ulla Sonia e Naiara loitando por manter o partido...chegando asi a un resultado final de 18-69 para as de ferrol pero que sirve como posta en marcha para o equipo cesureño. Recordar que non xogaron por lesión Lara, Antia.C e Larita.

No hay comentarios:

Publicar un comentario