Translate

martes, 16 de noviembre de 2010

5º partido da liga senior

O pasado domingo dia 14 ás 18:30 os senior do C.B. Río Ulla desputarón o 5º partido correspondente á liga zonal arousana no pabillón municipal de Lalín.
Un partido a priori igualado entre dous equipos de mitade da tabla.
Comeza o 1º cuarto cunha serie de boas defensas por parte dos cesureños pero non resolvendo en ataque. E chegarón igualados o final do cuarto.
Comezou o 2º e os do cesures chegaron con unha renta de 9 puntos ó descanso grazas a unha serie de balóns recuperados en defensa que culminaron en contraataque.
Pero a comezos do 3º cuarto os de cesures puxerón a directa e romperon o partido chegando asi ó ultimo cuarto con unha renta de 30 puntos.
O derradeiro cuarto foi de transicion. Onde os menos abituais disputaron mais minutos e aumentando a renta ata os 47 puntos cun resultado final de 27-74 a favor dos cesureños. Destacar o bo papel do juvenil (Brais) con 8 puntos e de Dani (Polly) con varios balóns recuperados e mais de 12 puntos en ataque. Asi como unha boa labor de equipo onde todos atacaron e defenderon ben para obter un resultado positivo que sube a moral do equipo e deixa un balance de 3 victorias seguidas, tan só unha derrota (na primeira xornada), e unha partido de descanso.
O seguinte partido e contra o C.B. Portas en pontecesures. O horario será posto aquí con antelación.

Acudide tod@s a animar o C.B. Rio Ulla!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario