Translate

viernes, 5 de mayo de 2017

BOAS NOVAS PARA O CLUBE

COPA SENIOR 2017

A 1ª das boas noticias desta pasada fin de semana foi a dobre victoria que conseguiron os chicos do equipo senior do CB Rio Ulla. 
Gañaron nas canchas de A Illa e do Grove ante o Dorna e o Meco, e conseguen matemáticamente ser campións da copa senior arousana 2017, á falta do último partido oficial da temporada MAÑÁ SÁBADO A PARTIR DAS 20 H. NO PAVILLÓN DE PONTECESURES
O Extrugasa Rio Ulla gañou seus 4 partidos anteriores, e quere despedirse cunha nova victoria nesta copa. Invitamos a todos os afeccionados a que suban a animar ó equipo, e a celebrar un novo título na Hª do club.



...

INFANTIL FEMININO: SUBCAMPIONAS E FASE ASCENSO A LIGA GALEGA

Por outra banda as chicas infantís adestradas por Antonio 1º, e agora Dani Barral, acaban de proclamarse subcampionas da liga arousana. Foi a millor liga dos últimos anos, e o equipo Extrugasa Rio Ulla verde acadou ese 2º posto logo dos pinchazos que tivo o Giraldo de Vilagarcia. ¡¡¡ Así que noraboa (sub)campionas !!!

Pero o martes saltaba outra nova: o equipo vai disputar a fase de ascenso á liga galega coma premio por ser 2º no grupo de Arousa. Mañá sábado empezan una fase xogando en Pontevedra, contra o Arxil A, gran favorito para subir deste grupo sur de ascenso. Os outros 2 rivais son o Carmelitas Vedruna de Ourense, e o Vigo Airexa. A disfrutar desta experiencia enriquecedora chicas !!!





NORABOA ÓS 2 EQUIPOS!!!





.

No hay comentarios:

Publicar un comentario