Translate

martes, 1 de septiembre de 2015

HOXE 1 DE SETEMBRO CUMPRENSE 30 ANOS DE BALONCESTO FEDERADO EN PONTECESURES

1º EQUIPO FEDERADO EN PONTECESURES. TEMPORADA 1985-86.
De pe (De esquerda a dereita). Chavi, Fernanda Cuenca (adestradora), Jose Ramón (Delegado), Miguel "Metralleto", Jose "Prieto", Javier "Bus", Manolo (Delegado), Javier "Fuxan", Jose Luis Miguéns, Fran "Melón".
Agachados: "Pedro" (Preparador Físico), Roberto "Chochis" , Luis Miguel "luismi", Jorge "Carroseiro", Kiguel Kochinke "Kolli", Angel "Yelis".

01 de setembro de 1985. Ese día un grupo de rapaces de Pontecesures, xunto con 2 compañeiros de instituto, ambos residentes en Padrón (Chavi e Kochinke iniciaban os adestramentos da 1ª temporada de baloncesto federado en Pontecesures. E polo tanto a data oficial de nacemento do club cesureño.

Agora ben, a idea de montar un equipo federado viña xestándose meses atras, nun "caldo de cultivo" que levara anos traballando para acadalo, coma xa veremos mais adiante.
Por outra banda, os primeiros estatutos oficiais do club non se elaboraron ata uns anos despois, cando a recente autonómia galega "a Xunta", obligou a censar ós clubs de toda Galicia nos seus rexistros.

¿Que pasou en 1985? para que Pontecesures contara cun equipo federado de basket?

Basicamente 2 factores foron a clave:

- Por unha banda o traballo de D. Manolo e D. Jose Ramón, ambos profesores no Colexio Público de Infesta, cando este era de EXB. 
Estes 2 profesores entre outras asignaturas impartian a de Ximnasia ós rapaces de 5º-6º-7º e 8º de EXB. E un dos deportes que promocionaban entre os seus alumnos/as era o do basket.  (Ademais do balonmán, carreira pedestre, brilé, etc...)
Tempos difíciles, pois a chavalada xogaba basicamente ó futbol, Pontecesures contaba con 2 clubs: O Ulla e o Rapaces CF.
Así durante 4 ou 5 cursos, numerosos rapaces/as do colexio adestraban nas horas de ximnasia para practicar os deportes    antes sinalados, para competir contra outros colexios en competicións que se facían durante a xornada dos sábados varias veces o ano en colexios da redonda (Valga, Cuntis, Padron...)

Un daqueles primeiros equipos da escola foi este de principios dos anos 80 (1981 ou 1982).
 
Tamén había baloncesto feminino, dato importante e que non podemos esquecer aqui. Varias promocións de rapazas cesureñas medraron practicando baloncesto naqueles anos 80.

Fruto desta paixón polo basket, a APA do colexio, (daquela chamábase así, tiña entre as súas actividades extraescolares a de clases de baloncesto os sabados á mañá, impartida pola Monitora Fernanda, que vivía en Pontecesures por razóns laborais do seu marido.

(D Manolo e D. José Ramón, que monumentos se merecen...)

O 2º non foi mais que a desaparición do C. B. Padrón, club do pobo veciño, e a onde iban a xogar algúns rapaces/as de Pontecesures cando ian pro Instituto ou FP, no que sería a idade cadete,  este club padronés, despois de varios anos de existencia, na primavera de 1985 anunciaba que a súa directiva o deixaba e se non había quen o collera, morrería, coma así pasou.
Nesta situación, un grupo de rapaces cesureños, que acababan de terminar de xogar na categoría cadete (nados en 1969), antiguos alumnos do colexio de Pontecesures, xunto con outros 1 ano mais maiores, e cos rapaces que abandonaban naquel momento a escola pola idade (nados en 1971) ó rematar 8º curso, e que xogaran unha liga infantil escolar, aglutinados todos eles por D. Manolo  Amenedo, e Jose Ramón Martínez, que ian ser os delegados do equipo, decidiron federar un equipo xuvenil na temporada 85-86.
Había que solventar un problema. Ninguén tiña o título de adestrados/monitor que pedía a federación. Polo que se recurriu a Fernanda, a monitora de basket da ANPA, para que se sumara ó equipo, coma así fixo.
E da preparación física Pedro, un atleta que vivía e vive na Ponte, o outro lado do río, e que se encargou da preparación física do grupo nesta 1ª tempada.
E a principios de setembro o equipo iniciou a pretemporada...
Cos bos e cos malos momentos. Tamén coa "condena imposta" a xogar en Padrón (1991-1995). Ano a ano, partido a partido, xogad@r a xogad@r, primeiro co nome de Cb Cesures, logo co actual CB Rio Ulla, foise forxando a Hª ata hoxe.





As licencias tramitadas do 1º equipo.

  Das moitas anécdotas que se poderían contar dese ano, 2 están visibles na propia foto do grupo: 

O equipo de baloncesto xogou toda a temporada seus encontros oficiais no polideportivo de Pontecesures, que empezara a construirse na primaveira de 1985. Cando chegou aquel outono, rematadas as obras da 1ª fase, o Pavillón era unha estructura de columnas e un tellado cubrindo o recinto de xogo. Era o único construido nesa fase. Sería no ano seguinte cando xa se remataría a obra, inaugurándose o 13-12-1986. Os equipos e árbitros tiñan por vestiarios as aulas e bañós do colexio.

 Ademais, o equipo non contaba co diñeiro suficiente para poder mercar uns uniformes. Foi grazas á colaboración desinteresada do "Bar Muelle", polo que o equipo tiña uniformes pra xogar. Que estes foran equipacións de futbito non foi impedimento para que este equipo xogara e competira durante toda aquela temporada coa maior das ilusións do mundo mundial.
(De feito na 2ª temporada 1986-87, xa con chandales aportados pola empresa "Extrugasa", non chegaran a tempo para a 1ª xornada da liga as equipacións de xogo doadas por "Librería Sar", e houbo que botar man da equipación do Bar Muelle de novo, co conseguinte vacile por par do público cambadés, o ver chegar ó equipo estreando chándales, pero todavía cas equipacións de futbito)

 01 de setembro de 1985. 30 anos. Quen o ia decir en 1986...

¡¡¡ Gracias e parabens a todos os xogadores/as, directivos/as, patrocinadores, afeccionados. !!!
Có voso esforzo e a axuda do Concello de Pontecesures, hoxe somos un pouco mais vellos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario