Translate

lunes, 30 de marzo de 2015

INFANTIL MASCULINO: GIRALDO C.B 62 - EXTRUGASA RIO ULLA 49

Partido xogado o venres 27 as 20.00h no polideportivo de Castelao.

Arbitro: Alvarez, D.
Faltas : 15 locais  ------   16 visitantes

GRAN PARTIDO, do equipo infantil masculino, que se perdeu tan só, nun mal 3º cuarto ( parcial de 18-09).

Comezamos o partido cunha intensidad magnifica, presionando a todo campo e roubando balóns grazas as anticipacións nas lineas de paso e os rebotes defensivos. Neste primeiro cuarto, lograron anotador todos os xogadores do quinteto incial, salvo Rodri, que estaba pasando un proceso virico e non estaba en boas condicións. Rematabamos o cuarto gañando 11 - 14.

Xa no 2º cuarto, unha tónica que se veu durante todo o partido, foi a agresiva defensa local, pasando incluso as veces dos límites reglamentarios, que poucas veces se vía recompensado en faltas recibidas. Ainda tendo esto en contra, volvemos a facer unha moi boa defensa, e un óptimo ataque. Comezabamos o cuarto cun triple de Pablo ( gran partido ), e logo de varias canastras de Lois e Álvaro, rematabamos o cuarto cun triple en xogada ensaiada, deste último xogador. Así íamonos ao descanso 33-30.

A volta do descanso o equipo local, encerrouse nunha defensa zonal pechada, que facia practicamente imposible lograr as penetracións a canastras, debido as faltas non pitadas, e así mesmo, non entraban os tiros ben tirados neste cuarto, parcial de 18-09.

Pero estes rapaces non perderon as ansias en ningún momento, e o último cuarto, volvia ser moi bo, seguiamos en partido con canastras de Lois, Ángel e Álvaro, pero o parcial do terceiro cuarto xa nos facía máis díficil remontar o partido. Resultado final: 62 - 49 ( 11-10 ).

Cabe nombrar, que este equipo participou durante todo o fin de semana ( incluido o venres as 16.30h) no memorial XII Miguél Ángel Gonzalez, e que ese mesmo día xogaran un intenso partido contra o Marin. Non se pode reporchar nada, xa que renderon ao máximo nivel durante 35 minutos. Seguramente foi un dos mellores partido disputados nesta liga.

E con este partido, rematouse a liga regular, co que deixamos un ano atrás de aprendizaxe, e agora miramos con ilusión a copa Arousana que comenzará en breves días.

Antes de todo, hai que nombrar a todos os rapaces que este ano forman o equipo infantil masculino: Álvaro (25ptos), que realizou unha liga de sobresainte, mellorando o seu tiro, e a súa defensa, Ángel ( 11ptos), excelente labor dirixindo ao equipo na súa primeira tempada como base, e metendo puntos cando eran necesarios, Franco (2 ptos), sendo unha roca defensivamente, e mellorando moito no ataque co seu tiro, Pablo(5ptos), un rapaz que foi de menos a máis, sendo un referente no ataque co seu tiro mellorado e podendo facer en ocasións de base; Rodri (-), unha gran proxección durante todo a tempada, un rapaz áxil que poucas veces eran capaces de parar facendo as súas entradas; Lois Fernandez(6ptos), apareceu a mediados de tempada, pero seguia co seu nivel de tempadas pasadas, unha intensidade defensiva envidiable, e unha mellora en ataque moi significativa; Pablo de Jesús(-), sempre dando o maximo no campo, mellorando defensivamente, Telmo(-) sendo a primeira tempada infantil, Telmo é deses xogadores que cando saen ao campo nunca baixa os brazos, Victor Tubio (-), grandisima mellora de Victor, logrando anotar cada vez máis fácilmente, e sendo un referente no rebote, Ruben, mellora increible en ataque, cos seus tiros de 2 e de 3, a parte unha defensa presionante que nunca baixa os brazos.

E agora os alevíns que este ano formaron parte do equipo infantil, sen desentonar no nível dado por outros infantiles: Joel ( alevin de 1º) magnífica proxección de Joel, o seu ataque non se deixa envidiar por ningún alevin, bos tiros e boa defensa, Álvaro Tubío ( alevin 2º), comezou a temporada moi ben, sempre que saia loitaba e conseguia os seus puntos debaixo da canastra, logo estivo parado uns meses, e agora volvendo a recuperar o ritmo, Jon Ander (2º), un clásico Jon, xa o ano pasado subía cos infantiles, tendo máis de 10-15 minutos por partido, por algo sería, a súa loita e o seu nivel de loita e entrega é envidiable. E por último Lois Lorenzo ( alevin de 1º), do mellor que vin nun alevín, para a edad que ten, posúe un manexo do balón que poucos rapaces posuen.


Logo desta moi boa tempada, agora toca descansar en semana santa e logo volver a competición coa copa Arousana.

Fotos do partido:






No hay comentarios:

Publicar un comentario