Translate

lunes, 10 de noviembre de 2014

DERROTAS DOS 2 EQUIPOS INFANTIS FEMININOS DO RIO ULLA


EXTRUGASA RIO ULLA B = 16
Marina (2), Aroha (-), Estela (-), Alba Moares (2), Yaiza (8), Alba Miguéns (-), Noa (4), Cristina (-).

PASTELERIAS YOLI CBL L = 82

Partido entre 2 equipos con obxetivos moi distintos. As rapazas do Cortegada buscan pekexar os primeiros postos e as cesureñas participan no campeonato, contando ademais onte coas baixas de Naila e Valeria, ademais da de Zaira dende hai 1 mes. Así pois, as 5 infantís que xogaron onte, apoiadas polas 3 alevíns convocadas para este partido deron todoo que tiñan ante un rival moi superior. Foi sen dúbida o mellor partido xogado dos 3 que levamos ata o momento, pois en ningún momento baixaron os brazos a pesares da calidade do rival, e pelexaron os 40 minutos, cunha boa mentalidade de deportistas.

Os parciais reflexan esa superioridade: 04 -25; 04 – 12; 04 – 23; 04 – 22.
Non queda outra que seguir adestrando e esperar que se recuperen as lesionadas.


===============================================

MECO TALLERES RULO = 42

EXTRUGASA RIO ULLA A = 26
Paula (2), Carmen (-), Andrea (5), Sabela (7), Sandra (6), Iria (2), Nerea (-), Angie (4), Yaiza (-).

A maior talla física das grovenses decantou en parte a victoria para as locais. Agravado este dato se a nosa xogadora mais alta comete 2 faltas en menos de 3 minutos e se vai ó banco e non volta a xogar ata o inicio da 2ª metade.
Os 2 factores determinantes para a derrota foron que esa maior altura das locais supuxo que ás do RIo Ulla costaralles moito anotar cerca do aro; mentras que as do Meco anotaban aproveitando despistes da defensa das do Extrugasa.
Esta foi a tónica da 1ª metade: 15 – 8 e 08 – 03 de parcial e ó descanso 23 – 11 no marcador.
Ca volta de Sabela á cancha, xa cos nervios controlados, o partido igualouse nos 2 seguintes cuartos: 10 – 8, e 09 – 07 foron os parciais do 3º e último cuartos.

Igual que no equipo B, as lesións nas últimas semanas impedironnos ter todo o plantel para disputar estes partidos. Toca adestrar e ir recuperando á xente. As alevíns Paula, Estela, Marina e Yaiza estn botando unha boa man nos partidos dos 2 equipos infantís, inclusoparticipando moitos minutos neles.


No hay comentarios:

Publicar un comentario