Translate

martes, 27 de mayo de 2014

Ultima Cronica Alevin Masculino e Agradecementos

RESULTADO:

BBC-Liceo 40  -  Extrugasa Río Ulla 49


DORSAIS:

nº 4 Lois (benxamin) - 7 puntos
nº 5 Raul - 4 puntos
nº 6 Estela (benxamin) - 2 puntos
nº 7 Jon Ander - 8 puntos
nº 8 Pablo De Jesus - 3 puntos
nº 9 Rodrigo - 17 puntos
nº 10 Pilar (benxamin) - 0 puntos
nº 12 Pablo Miguens - 2 puntos
nº 14 Franco - 6 puntos


PARCIAIS POR PERIODOS:

1º  4 - 3
2º  9 - 15
3º  10 - 6
4º  5 - 9
5º  1 - 7
6º  11 - 9

CRONICA:

Categoria: Alevin Masculino.
Grupo: COPA AROUSA II
5º Partido da 2ª volta

Pavillón: Recinto FEXDEGA (Vilagarcía)
Data/Hora: 23/05/2014 - 17:30h


Comezaba o viernes pola tarde o ultimo partido "oficial" da temporada.
Sabiamos que ia ser un partido dificil contra un bo equipo e asi foi.

Comezaban os 2 equipos defendendo moi ben, provocando moitos fallos no rival, malos pases, malos tiros, dudas. Neste periodo so Lois anotaba (unha tripla). Un parcial 4-3 para os rapaces do BBC indicaba que ia ser un partido duro.

Comezaba o 2º periodo e a cousa seguia da mesma maneira, pasado o ecuador do periodo o resultado era 10-10. Pero un par de bos contraataques de Rodri marcaron unha pequena diferencia deixando o marcador 13-18 para o Río Ulla.

Comazaba o 3º periodo. Os rapaces do BBC-Liceo moi intelixentes buscaban continuamente xogadas de 1x1 sabendo da sua rapidez superior. Unhas veces as boas axudas, outras veces as faltas, conseguian parar un pouco os de Vilagarcía, que nos costaba moito parar. Un parcial de 10-6 volvia a poñer igualdade no marcador deixando este ó descanso 23-24 favorable o Río Ulla.

Comezamos a Segunda metade. Neste 4º periodo seguia a intensidade do partido, Pero nos saimos algo mais agresivos en defensa, impedindo asi que os rapaces de Vilagarcía non conseguiran anotar canastas sinxelas e provocando un parcial 5-9 favorable o Río Ulla. Quedando un 28-33 para os de Cesures.

No 5º periodo, subimos un pouco mais ainda a intensidade defensiva chegando a cometer ata 8 faltas persoais neste periodo. Provocando un pouco de desesperación nos moi disciplinados rapaces do BBC. Un parcial de 1-7 para o Río Ulla deixaba o partido un pouco de cara para os Cesureños 29-40.

No 6º periodo comezamos moi ben en defensa, comentendo moitas menos faltas, facendo boas axudas que provocaron varios contraaques, e un parcial de 2-8 nos primeiros 5 minutos de periodo indonos ata os 17 puntos de ventaxa. Pero os nenos do BBC-Liceo moi loitadores durante todo o encontro, non deron un balón por perdido ata o final, e a sua intensidade xunto con algo de relaxación pola nosa parte conseguian facer un parcial de 11-1 nos ultimos intres do encontro deixando un marcador final de 40-49 para o Río Ulla.

Foi un bonito partido, moi disputado ata o final. Con xogadas de calidade, moi bos momentos de ambos equipos e malos momentos de ambos equipos.
Felicitar ós xogadores do BBC-Liceo. Xa que a sua disciplina e calidade os fará chegar lonxe.

Un bo partido de todos en ataque, pero sobre todo de Rodri (ainda que perdeu moitos balóns) e Lois que demostra día a día que ser o mais pequeno non é ningun inconvinte. E en defensa de Franco que fixo moitisimas e boas axudas e Pablo De Jesus que dou todo un recital de defensa en 1x1 defendera a quen defendera.

Un partido casi perfecto para poñer o punto e final a unha temporada casi perfecta. Na que moitas cousas sairon ben, na que os nenos superon xogar os momentos clave dos partidos dificiles, e que xogaron mal outros momentos. Por eso hai cousas que mellorar.

Agora queda disputar os torneos amistosos do vrán, nos que hai que disfrutar, xogar con moita menos presión que durante os partidos oficiais, pero nos que hai que mellorar esas cousas que todavia non son prefectas.



AGRADECEMENTOS:

Non quero despedirme sen dar as gracias a toda a xente que estubo comigo toda a temporada.

Darlle as gracias os nenos por facerme aprender, confiar en min, ser disciplinados nos momentos mais esixentes, e ser divertidos cando os partidos nos deixaban un respiro. Gracias Lois (que é benxamin pero estubo con nos toda a tempada doblando esforzos), Raúl, Alvaro, Jon Ander, Pablo De Jesus, Rodri, Telmo, Abel (que estubo lesionado parte da liga e toda a copa), Pablo Miguens e Franco.

Darlle as gracias ós benxamins que nos axudaron todo o ano: Tomas, Borja, Pili, Estela, e Carmen que non puido vir a este ultimo partido no que estaba convocada.

Darlle as gracias ós pais. Esa parte importante, que anima, apoia e nos leva ós partidos :) .
Gracias por confiar en min, non facer criticas destructivas nos malos momentos, sinon todo o contrario, apoiar e facer criticas constructivas. Gracias por apoiarme ainda cando por momentos lle esixia o 200% ós vosos fillos. E sobre todo gracias polo voso exemplar comportamento.

E por ultimo darlle as gracias á directiva por confiar en min para desempeñar este dificil papel de enseñarlles os nenos baloncesto, disciplina, o significado da palabra EQUIPO, e moitas cousas mais.

A Fruqui por ter paciencia ter que aturanos ata por whatsapp, a Antonio e Raúl por botarme unha man nos adestramentos sempre que fixo falta. E ó resto dos membros que participan desto por facelo posible.

E gracias a miña moza. Por saber que o baloncesto é a miña vida, e entender as mañans e tardes de sabados e domingos perdidas polos pavillóns adiante


GRACIAS A TODOS POR ESTA GRAN TEMPORADA. E A SEGUIR LOITANDO QUE TODAVIA SE PODE MEDRAR MAIS.



.

2 comentarios: