Translate

domingo, 4 de mayo de 2014

COPA INFANTIL FEMENINO: MECO TAPERÍA ALDARA 21 EXTRUGASA RÍO ULLA 60

Lara (2), Carlés (13), Laura (16), Ana (7), Sandra (6), Carla (-), Alba  (2), Lorena (14)

Parciales:
0-15
4-16
11-11
6-18

Partido disputado no Grove o pasado día 1 de maio. o Extrugasa Rio Ulla acudía a este partido con so 6 xogadoras infanís, contando co reforzo das alevíns Sandra e Laura.
Non tíñamos referencias do rival, pois na liga estivera no outro grupo. Así que decidimos, a pesar das baixas, sair a presionar para plantar cara ó rival. E a aposta saiu ben. O rival non xogaba nada cómodo ante a nosa defensa con 3 xogadoras adiantadas (Ana, Alba e Carlés), mentras que atrás Carla e Lorena protexían os metros finais da zona. Pronto empezaron a caer as canastas para o Rio Ulla: Ana e Carlés facían as primeiras, uníndose Lorena cerca do aro local. Eso permitiu que, contra o final do cuarto, entraran a dar relevos as outras xogadoras. Neste final do 1º cuarto o marcado r estaba en 0 a 15 para para o Rio Ulla. Laura axudou moito na presión, xunto con Ana, e protagonizaron varias contras, ampliándose a diferencias ata un 0 a 27, roto polo Meco ó anotar o 1º punto de tiro libre. Nese momento, mediado o 2º cuarto, Laura comete a 2ª falta que a leva ó banco de novo, pois o partido inda tiña moitos minutos por disputarse. E mais problemas cando faltando instantes para chegar ó descanso Ana torce un nocello e ten que abandonar o encontro lesionada. Cun 4 a 31 no marcador chegase ó periodo de descanso.
O 3º cuarto empezou con Laura movendo o balón, pero enseguida cometeu a 3ª falta, voltando de novo á banqueta, e xa non xogaría mais. Sandra subía a pelota, e Lorena cerca do aro, e Carles, poñían os puntos. 3º cuarto igualado, con empate a 11 puntos nos 10 minutos.
E de novo  volta Laura ó campo e se mellora tanto en defensa coma en ataque. Aumenta de novo a presión defensiva, e o Extrugasa non pasa apuros no cuarto. Gañao por 6 a 18 e logra unha cómoda victoria por 21 a 60.
Apesar de ser a única que non anotou para o Extrugasa, hai que destacar a labor de Carla baixo os taboeiros. Pelexou cada rebote coma se lle fora a vida, e molestou moito os tiros das rivais dentro da pintura. Eso é algo destacable para os adestradores.
  

1 comentario:

  1. Noraboa, moi bo partido xogado por todo o equipo pese as baixas. P.D.: ENTRENO E ILUSION = MELLORA

    ResponderEliminar