C.B. XUVEN = 34
EXTRUGASA RIO ULLA AMARELO = 63
(ILEXIBLES AS CANASTAS NA COPIA DA ACTA)
Parciais: 6 - 8; 2 - 22; 15 - 2; 1 - 19; 4 - 7; 6 - 7.
Nun partido propio desta categoria, onde o resultado se decide pola calidade individual das xogadoras, as nosas foron superiores dende a defensa. Así, a un 1º cuarto con mais acertos defensivos ed ambos equipos, que ofensivos por parte do que tiña o balón (6 a 8); seguiulle un 2º periodo onde a defensa axfisiante do Rio Ulla impedía que as cambadesas se acercasen á canasta. Sucedianse os roubos de balón, moitos deles transformados despois en canasta por Sandra, e o parcial foi de 2 a 22 para o Extrugasa.
Co marcador de 8 a 30, e tendo que rotar por regulamento ás xogadores, entrábamos no 3º cuarto. Pois ben, douse a mesma situación, pero á inversa que o cuarto anterior. Esta vez eran as cambadesas as que roubaban e anotaban, frente a un Rio Ulla que lle custaba lanzar a canasta. O parcial de 15 a 2 devolvía parte da emoción ó marcador chegado o momento do descanso: 23 a 30.
Pero un novo parcial de 1 a 19 a prol do Rio Ulla, con Laura roubando e anotando ou repartido asistencias ás compañeiras, distanciou outra vez ó Rio Ulla: 24 a 47.
Os últimos 2 cuartos voltaron a ser coma o 1º. Marcadores mais "escasos" e igualados. Asi se reflicten nos parciais: 4 a 7 no 5º periodo; e 6 a 7 no último.
En definitiva, bo partido das rapazas, e a despedir a temporada oficial dando boa imaxen ante o lider Cortegada este domingo aquí na casa.
A defensa que o equipo fixo no segundo cuarto, con tres presionando arriba, foi o mellor do partido, cada vez defendemos mellor, ánimo e a seguir nesta liña.
ResponderEliminar