Translate

domingo, 4 de mayo de 2014

ALEVIN FEMENINO: O EXTRUGASA RIO ULLA IMPONSE A UN DORNA COMBATIVO NA ILLA DE AROUSA (58 - 76)

SABADO 03/05/14. 16 H. PAVILLÓN DE A ILLA

CB DORNA DE A ILLA = 58

EXTRUGASA RIO ULLA AMARELO = 76
Laura (21); Valeria (5); Aroa (4); Angie (12); Noa (2); Nerea (4); Sandra (18); Zaira (-) e Sabela (10).


Hai partidos que resultan agradables de ver para os espectadores polo xogo despregado. Este foi un de eses encontros. Ambos equipos "xogaron a anotar". Non é moi frecuente que nestas categorias pasen dos 100 puntos entre os 2 equipos, e estes encestaron 134. E iso que no pavillón facía un calor abofante, coma nos mellores días de vran. ¡¡¡ Que envidia a xentiña que estaba na praia !!!, ¿verdade equipo ?
O partido empezou cun equipo local mais centrado no xogo, que consigueu anotar en 3 minutos 6 puntos, mentras que o Rio Ulla erraba moitos pases e apenas lanzaba a canasta. Ademais a sua defensa non era boa. Non todas estaban no seu sitio á hora de presionar a saida das locais. Esto obriga ós adestradores a pedir untempo morto, e unha vez explicado de novo coma tiñan que presionar, as rapazas saltan de novo á cancha e empezan a rwcuperar balóns. Así Sandra logra anotar 4 canastas, unido a 2 tiros libres de Sabela, mais unha canasta desta dentro da zona local. Remata o 1º periodo con 10  a 12 para o Rio Ulla, pero a segundos do final Zaira torce o nocello e ten que ser sustituida, teméndonos que fora un forte esguince.
5 puntos seguidos para o Rioo Ulla elevan a diferencia ata o 10 a 17, no arranque do 2º cuarto. Entrase nun intercambio de canastas que leva o marcador ó 18 a 21 pasando o ecuador do cuarto. Pero o Rio Ulla logra a continuación mellorar de novo en defensa, e en ataque anotar 2 triplas seguidas, mais outra canasta en bandexa. Acaba o 2º periodo gañando por 11: 18 a 29.
As diferencias aumentaron. A presión funcionaba e ó Dorna costaballe xogar. Só anotan 4 puntos en todo o cuarto, mentras que os roubos de balón do Rio Ulla traducíanse en canasta as a contra de Sandra e Laura. Ademais Sabela facia outras 3 canastas cerca do aro local. Parcial de 4 a 17 e o Rio Ulla chaga ó descanso gañando por 24: 22 - 46.
Logo do descanso Zaira reincorpórase de novo ó partido. Proba a xogar e ve que o nocello lle responde ben. 5 puntos de Laura e unha tripla de Angie contrarestan os 5 puntos anotados polo Dorna, nun cuarto onde houbo moitos balóns perdidos por ambos equipos. 27 a 53.
As rapazas locais nunca deixaron de pelexar. Proba delo foi a saída no 5º periodo. Logran anotar nos 4 primerios minutos un parcial de 10 a 0 que as achega ata o 37 a 53. Sandra cunha tripla rompe ese parón anotador, e dende ese momento as locais só anotan 2 puntos, por un total de 8 as do Rio Ulla. A falta duns poucos segundos para o remate, o adestrador local é amoestado cunha dobre técnica, que supón a descalificación do encontro, e 4 tiros libres para o Rio Ulla. Sandra anota os 2 primeiros, e Aroa anota outro mais. Chégase ó final do set cun 39 a 61 no marcador.
E xa no último cuarto nova demostración anotadora dos 2 equipos: 19 puntos para as locais por 15 para o Rio Ulla. Marcador final 58 a 76 e a esperar que o de Zaira non sexa nada.


PD: Gracias a Moni Vazquez temos estas fotos do encontro de hoxe. Permitinme "roubarllas" do seu facebook e traelas aquí.

3 comentarios:

  1. Gracias Fruqui por la crónica de un buen partido ,por lo que dices,del que no pude disfrutar.Gracias Moni por las fotos y gracias a las jugadoras por regalarnos ,con su esfuerzo,estas alegrías.

    ResponderEliminar
  2. Noraboa o equipo polo bo partido, a seguir nesa liña que con entrenamento todos os aspectos do xogo se melloran.

    ResponderEliminar
  3. Enhorabuena niñas! Hemos disfrutado mucho d este partido! La verdad es que da gusto verlas jugar. Gracias a ti Fruki por esta cronica, ya decia yo q me sonaba esa foto. Jajaja.

    ResponderEliminar