Translate

viernes, 18 de abril de 2014

Partido Benxamín mixto 14-4-2014

Foi un partido durísimo e de moito cansancio debido a que solo eramos 7 xogadores, pero sendo tan poucos fumos capaces de darlles moita guerra nun encontro que non se decidiu ata o final.

Comezamos moi fallóns os 2 equipos xa que rematamos o 1º periodo cun marcador de 2-2. A cousa mantívose nunha gran loita no 2º periodo que rematou 9-11 a favor nosa (xa que xogabamos en pontevedra), ata o 3º periodo que a cousa se complicou e rematamos cunha diferencia de 5 abaixo (19-14) e a diferencia aumentouse un pouco no 4º periodo (23-17), pero supemos xogar ao ollo por ollo cando nos meteron presión a todo campo no 5º periodo, facendo nos o mesmo e tendo a fornuta de colocarnos a 2 ptos de diferenza (24-22); sen embargo no 6º e último periodo tivemos a mala sorte de perder 4-5 pases seguidos na súa presión que lles serviu para lograr sacarnos algo máis de ventaxa e tamén as faltas cometidas lles deron todavía máis vantaxe e fixemos todo o posible para remontar, reducindo a distancia ao final do periodo a 5 ptos (34-29).

O máximo anotador do noso equipo foi Lois con 5 canastas, 1 triple e 6 tiros libres (19 ptos), seguido de Estela con 2 canastas (4 ptos), Carmen con 2 tiros libres (2 ptos) e Mariña con 1 canasta (2 ptos), obtendo un resultado final de 34-29 en contra nosa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario