Translate

lunes, 28 de abril de 2014

ALEVIN FEMININO: O EXTRUGASA RIO ULLA CAE EN MARÍN POR 1 PUNTO DE DIFERENCIA (42 - 41)



FICHA DO ENCONTRO:

MARIN, SABADO 26/04/2014 10 H.

MARIN PEIXEGALEGO= 42

EXTRUGASA RIO ULLA= 41
Laura (15), Valeria (4), Aroha (-), Angie (10), Alba (-), Noa (-), Nerea (-), Sandra (10), Zaira (-) e Sabela (2).

Van pasando as horas e os dias e a sensación segue sendo a mesma. E un erro pensar en ir a xogar un partido creendo que está ganado, e ademais cando un partido, polos factores que sexan, vai igualado, hai certas accións que te fan ser heroe ou "villano". Si o noso equipo só e capaz de meter 2 de 15 tiros libres, e se xogadoras que se consideran "importantes", por eso xogan cas infantis fallan entradas e tiros debaixo do aro, están dando vantaxes ó rival para que este se leve o encontro. Pois todo esto pasou o sábado en Marín: as risas de antes e durante o encontro acabaron en lágrimas, que, esperemos, non fosen de "cocodrilo". Non dar o encontro por gañado hasta o último segundo ¿Lección aprendida? Tempo teremos de velo no vindeiro mes.

Comezou o encontro e o primeiro quinteto domiñou dende a defensa. Pero nestes primeiros minutos tan só anotaron 5 puntos. 2 canastas de Laura á contra, e 1 tirolibre de Angie. Eso si, a defensa estivo ben e Marin anotou tan só 1 punto.

Co 1 a 5 empezaba o 2º periodo, e empezaron os problemas de verdade. As locais espabilaron, e poo Extrugasa só anotou Sandra 2 canastas e 1 tiro libre. A defensa do Rio Ulla non era tan boa e as de Marín anotaban cerca do aro, facendo 12 puntos nesta parte. 13 - 10

Quizais o mellor cuarto do Extrugasa foi o 3º: outra vez a defensa funcionou, encaixando só 5 puntos e ademais en ataque si se meteron mais canastas. Foron 7 puntos de Angie, 5 de Laura, 2 de Sabela e 2 de Valeria. Chegouse ó descanso 18 a 26 gañando.

Arrancou a 2ª metade e no 4º periodo outra vez sandra foi a única que anotou: 5 puntos, pero ademais con malas porcentaxes, fallando varios tiros precipitados, e perdendo variops balóns. Certo é que o resto do quinteto pouco mais aportou. Inda así seguíase gañando 26 - 31.

O 5º periodo voltou a ser igualado. Fallos en ambos equipos, pero pola nosa parte Laura non foi esa xogadora determinante coma noutras ocasión, fallando varias entradas a canasta soa. O equipo non conseguiu ventaxas, perdendo o parcial 7 a 6. O marcador era de 33 a 37  a prol do Rio Ulla.

E xa no derradeiro, cun parcial de 8 a 0 (2 triples) ó seu favor Marin dalle a volta o marcador ( 41  a 37). Logo o Extrugasa empata con 2 canastas de Laura: 41 iguais. E no último minuto Marin anota un tiro libre, mentras que Laura falla 2 tiros libres a falta de 12 segundos. Colle o rebote Angie e falla untiro  a 2 metros a taboleiro, e as de Marin gañan o encontro.

PD: Menos de 24 h antes as nosas rapazas gañaran 69 a 34 a un Xuven que o intentou, pero as nosas foran superiores. Peronon sempre o rival vai a fallar tiros, ou perder balóns. Por moita diferencia que se collera o venres, se o sabado non se mete un punto mais... toca perder.

2 comentarios:

  1. Crónica realista.Hay que ayudarlas a mejorar.Gracias Fruqui.

    ResponderEliminar
  2. As risas están ben sempre e cando haxa a concentración que creo que as veces nos falta. Un exemplo son os parciais tan negativos que sempre nos caen nalgún dos cuartos, incluso en encontros que finalmente gañamos de forma clara. Mellorando eso e outro pouquiño en defensa seguro que pronto o equipo será mais competitivo. Saludos

    ResponderEliminar