Translate

domingo, 16 de marzo de 2014

O ALEVIN FEMININO AMARELO REPONSE DUN MAL INICIO E GAÑÁ Ó DORNA POR 56 A 37.


Polo Extrugasa Rio Ulla Amarelo xogaron as 10 integrantes do plantel. Esta e a ficha do encontro:

Anotadoras: Laura (20), Valeria (2), Aroha (2), Angie (16), Alba (-), Noa (2), Nerea (2), Sandra (4), Zaira (-), e Sabela (8).

Parciais en cada periodo: 0 - 13; 11 - 2; 17 - 0; 6 - 5; 9 - 8; e 13 - 9.

Deberian ter aprendido estas xogadoras unha lección básica do deporte. Se sales á cancha a "mirar" en vez de a "competir" e normal que pase o que pasou no 1º periodo do encontro. Un equipo, o do Rio Ulla que en defensa chegaba un segundo tarde, cando non defendía ca mirada, e en ataque apenas buscaba opcións de lanzar a canasta, perdendose en dar en pases malos, ou en indecisións que aproveitaban as da Illa de Arousa para correr contrataques e anotar.
Parcial de 0 a 13 merecidísimo.

No 2º periodo o equipo dou un paso ó frente. Mellorou a defensa, o que lle supuxo roubar e anotar varias canastas á contra, e melloraron o ataque estático tamén. Sobresairon en ataque Laura, con 5 puntos, e Angie con 6, pero o mérito foi das 5, pola DEFENSA que parou ás da Illa, que so anotaron 2 puntos.

Esta mesma inercia se dou no 3º "set". A defensa seguiu sendo moi boa, deixou sen anotar ás da Illa, mentras que en ataque Laura seguia roubando balóns que eran canastas de contrataque (faría neste periodo outros 10 puntos). En total foi un parcial de 17 a 0, que deixaba ó marcador ó descanso en 28 a 15.

O 4º periodo foi de tanteos baixos: 6 puntos para o Rio Ulla, frente ós 5 do Dorna, deixaban a diferencia en + 14 para as locais. Angie, Noa e Sandra anotaron cada unha 1 canasta.

No 5º periodo repetiuse o guión: un período igualado e competido, cun parcial de 9 a 8 para as locais que as mantiña arriba no marcador: 5 puntos de Laura e 4 de Sabela, poñían o marcador 43 a 28 ó final.  

E chegados ós ultimos 8 minutos de xogo, ás da Illa recortan a diferencia a 9 puntos, cun parcial de 2 a 8 nos 4 primeiros minutos. A diferencia caía a 9 puntos: 45 a 36. Pero 4 canastas de Angie, mais unha tripla de Sandra supoñían o arreón definitivo, e coa boa defensa nestes minutos finais as da Illa sío anotaban 1 punto dende a personal.

Coma positivo do encontro foi saber "engancharse" ó partido dende o inicio do 2º cuarto. 

Coma aspectos negativos valoramos 2: Esa saída "fria" do equipo, que regalou 8 minutos de partido; e o mal porcentaxe dende o tiro libre: tan só foron capaces de anotar 1 tiro libre dos 15 que tiraron.

No hay comentarios:

Publicar un comentario