Translate

sábado, 22 de marzo de 2014

BO PARTIDO DO EQUIPO ALEVIN AMARILLO QUE GAÑA POR 30 A 62 Ó ARXIL B

CB ARXIL B = 30

EXTRUGASA RIO ULLA MARILLO = 62


Laura (28), Valeria (-), Aroha (-), Angie (13), Alba (4), Noa (-), Nerea (-), Sandra (7), Zaira (4), e Sabela (6).

Partido disputado esta mañá en Pontevedra, domiñado dende o principio do mesmo polas cesureñas, gracias a unha boa defensa durante todo o encontro, pero cun único "lunar: a cantidade de rebotes en ataque que lle concederon ás locais ó non pechar o rebote defensivo.

No primeiro cuarto o equipo cimentou a victoria, cunha gran defensa que non permitia lanzamentos cómodos as locais, ó roubar numerosos balóns, destacando nesta faceta Laura, autora de 10 puntos no cuarto, ben secundada por Sabela, que anotaba 6 puntos tras rebote en ataque. O parcial deste periodo foi de 2 a 16 para as nosas rapazas.

No seguinte periodo igualouse mais o encontro, con moitos erros nos lanzamentos de ambos equipos. Esto tradúxose nun parcial de 5 a 6 para as cesureñas, que gañaban por 7 a 22.

No 3º periodo Laura foi a protagonista en ataque, con 11 puntos (3 triplas), o que permitiu gañar de novo o parcial do set: 9 a 12 para as cesureñas, chegando ó descanso 16 a 34.

Tralo descanso o Extrugasa pega un novo tirón, o facer un parcial de 4 a 15 que deixaría a diferencia en 29 puntos: 20 a 49.

No 5º periodo un pirrico 6 a 4, os 4 puntos de Sandra, deixaba as cousas practicamente igual: 26 - 53.

E xa no último periodo, novo parcial a favor do Rio ulla de 6 a 9, e o marcador que quedaba nese 30 a 62. Chegaba a 4ª victoria consecutiva nesta fase final da liga.

No hay comentarios:

Publicar un comentario