Translate

domingo, 9 de marzo de 2014

2ª DIVISIÓN INFANTIL MASCULINA

Partido disputado no Polideportivo da Illa de Arousa.

C.B Dorna 47 - C.B Rio Ulla 53.

Arbitros: Escariz, J.M - Antelo, L     Faltas: 14f C.B Dorna, 21f C.B Rio Ulla

O partido comenzaba cun 10-0 para o equipo local, aferrado a una intensa, e pechada defensa, que facía fallar o equipo visitante, o cal non encontrou o seu xogo, nos primeiros 7 minutos de xogo.
O primeiro cuarto, remataba, cunha tripla sobre a bocina de Álvaro. (13-07)

Xa, no 2º cuarto, o Rio Ulla, incrementou a súa defensa, collendo rebotes en ataque, que terminaban en canastra, ou facendo bloqueos e continuación que remataban nun tiro a media distancia, ou nunha canastra fácil cerca do aro. ( 23-31), ao remate do 2º cuarto.

No 3º cuarto, o equipo local volveu dos vestiarios coa mentalidade defensiva do primeiro cuarto, acompañado do seu mellor xogador en ataque, Rey.J, o cal con penetracións faría poñerse ao seu equipo 1pto debaixo no marcador. ( 40-41).

Pero xa no último cuarto, o C.B Rio Ulla, puxo unha marcha máis en defensa, e en ataque. Rebotes en ataque e defensivos, que remataban en transicións rapidas, tiros a media distancia conseguidos, faltas e adicionais metidos, co que remataria coa victoria do equipo visitante. ( 47-53)



No hay comentarios:

Publicar un comentario