Translate

miércoles, 26 de febrero de 2014

COÑECENDO ÓS ADESTRADORES: ENTREVISTA A RAÚL




NOME:  Raúl Piñeiro
FECHA DE NACEMENTO:  01/04/1996
LUGAR: Pontecesures
EQUIPO:  Adestrador benxamin. Xogador xunior


Comezamos Entrevistando a Raúl. O adestrador mais novo do Clube Rio Ulla.

- ¿¿Cantos anos levas no basket??

- Este ano fago 11 como xogador, como adestrador esta é a miña segunda tempada.

- ¿¿Cal é o mellor recordo que tes dun partido??

- A final da copa infantil "creo que era infantil de segundo ano". Gañamola na prorroga de 10 puntos.

- ¿¿Quen foi ou é o teu mellor amigo dentro dun equipo nos que estibeches, e quen o mellor compañeiro??

- Eeeemmmm... Pois ,ellor amigo diria que Cándido, porque o coñezo e teño amizade con el dende hai anos.
Mellor compañeiro Martín, porque sempre é un xogador de equipo, moi compañeiro de todos.

- ¿¿A que xogador che gustaria haber tido como compañeiro de equipo??

- Realmente meu irman jaja. Porque foi o meu exemplo para xogar ó basket e do que aprendin moitas cousas.

- ¿¿A que xogador che gustaria haber adestrado??

- A Carlos o meu compañeiro de equipo, porque lle bota moitas ganas e vese que ten moita ansia por aprender.

- ¿¿Como te definirias como xogador??

- Dentro dos malos o mellor

- ¿¿Como te definirias como adestrador??

- Novato total. Con moitisimo por aprender.

- Vese que eres unha persoa de respostas cortas... ¿¿Unha cor favorita??

- Negro

- ¿¿Equipo de basket favorito??

- Sempre me gustaron os Dallas Mavericks

- ¿¿Teu xogador/a favorito/a??

- Mmmm... Sergio Llull, un xogador que non ten moita altura pero que os pode comer a todos.

- ¿¿Que deportes che gustan??

- Eeemmmm, Futbol, F-1, Rugby, Tenis, e algun mais...

- ¿¿Que te levarias a unha Illa deserta se so puideras levar 1 cousa??

- Pensando... Pensando... Supoño que un machete para cortar cousas

- ¿¿Libro e Pelicula??

- Libro: As Crónicas da Torre. Pelicula: Casino Royal

- ¿¿A que sitio che gustari viaxar??

- A Nova York. Porque posiblemente sexa a cidade mais incrible do mundo

- ¿¿Unha afición aparte do basket??

- Xogar á playstation

- Eres un viciado... Ultima pregunta ¿¿Con quen te irias de cañas unha tarde??

- (rasca a cabeza) Con Iñaki Sanz (xogador do Obradoiro). Porque ten que ser a re-pera como persoa.



Pois estas son as respostas que Raúl nos dou.
Agora xa coñecemos un chisco máis ó adestrador do equipo benxamín do C.B. Rio Ulla e xogador do equipo xunior do mesmo clube.


No hay comentarios:

Publicar un comentario