Translate

domingo, 1 de mayo de 2011

Capitulo 1: O éxito comeza co traballo


É ben certo, que durante anos o baloncesto cesureño, deu moitas alegrias, xogando en niveis a nivel autonómico, con grandes xogadores no seu plantel, e acadando moitos titulos. A maioria destes exitos pasados foron acadados en equipos masculinos, de diferentes categorias, pero agora é o turno delas.

Hai anos atras, comenzou un traballo de canteira moi fructífero para un futuro próximo. Logo de ter case 40 nenos e nenas na escola de baloncesto, de sacar equipos base en todalas categorias, estamos recollendo outro trofeo deportivo.

A cantidad de nenas que estan comenzado a xogar no noso clube aumenta ano a ano, e non é de estrañar que moitas delas, grazas o traballo feito dende a base, salan para seleccións arousanas e galegas, e que sobre todo consigan ano tras ano quedar no mellor posto posible na sua liga e xogar competicións autonómicas, acadando un bo resultado nelas.

Sen ninguna duda, o claro exemplo este ano é o equipo infantil femenino, que acaban de recibir o trofeo as subcampionas e estan xogando copa galicia. Un bo traballo, pero todavía queda o futuro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario