Translate

sábado, 17 de octubre de 2009

Horarios esta fin de semana

Esta fin de semana imos ter 2 partidos de equipos do noso club.

O sábado pola tarde, ás 17 h. xogan en Pontevedra as nosas nenas infantís, diante do Arxil, outro equipo chamado a estar ahí arriba, pero que leva 2 derrotas dos 3 partido que xogou. Gañando as nosas nenas só terían que esperar á ultima xornada para saber se xogan os cruces para a liga galega.

Os seniors van xogar un partido amistoso mañá ás 20 h. en Pontecesures. Vai ser contra un dos rivais ligueiros, o Vilanova . Este partido vai servir para irse preparando para o inicio da liga, cando só faltan 7 días para o mesmo, competición que se xogará ata finais de marzo. Precisamente para a semán o noso equipo xogará en Pontecesures contra un recén ascendido, o El Doce de Portas, aspirando a lograr acadar o número sufuciente de victorias para non descender, e se a sorte acompaña, poder aspirar a participar na fase de ascenso.


Fonte: Pontecesures.net

No hay comentarios:

Publicar un comentario