O 10 DE XULLO SERÁ EQUIPO ACB A TÓDOLOS EFECTOS
A ACB aceptou a inscripción do Obradoiro para a próxima tempada. Segundo explicou a asociación de clubes, tras coñecer o informe elaborado por unha empresa auditora, consideraron apta a inscripción do clube galego na liga española.
O comunicado enviado pola ACB informa de que o presidente del Obradoiro, José Ángel Docobo xa está ó tanto da decisión.
O próximo 10 de xullo celebrarase a Asamblea Xeral da ACB na que se aprobará a decisión e considerarase ó conxunto galego como equipo ACB a tódolos efectos.
Así, en caso de que a ACB ratifique igualmente a Lucentum e Valladolid, os dous equipos ascendidos dende a Adecco LEB Ouro, o gran perxudicado sería o ViveMenorca, penúltimo clasificado na última Liga.
Noraboa ó Obradoiro e a apoialo ó máximo a tempada que ben, que xa era hora de ver bo baloncesto ACB nas canchas galegas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario