Translate

lunes, 18 de mayo de 2009

Victoria importantísima dos infantís do CB Rio Ulla


Os infantís do Rio Ulla venceron nun partido moi igualado ós principais favoritos a levarse esta Copa Arousana, e así presentar a súa candidatura a levantar o trofeo. Os nosos rapaces venceron por 2 puntos, 47-45, cun bo partido de todo o equipo que puido vencer por mais puntos de non ser por erros puntuais dos locais e a mala arbitraxe (para os dous equipos, todo quede dito...) que mantiveron a emoción ata o final. Aínda así, os infantís deben gañar os seus próximos encontros para acceder á final, xa que o relaxamento é un mal conselleiro nestes casos.

Pola súa parte, os cadetes venceron con facilidade ó mesmo rival, o Estudiantes de Pontevedra, nun partido sen historia que se levaron os cesureños.


NORABOA RAPACES!!!


e a seguir asi...


Ademais disputaron partido as Infantís, perdendo por case 30 puntos nun partido intranscendente, xa que os dous equipos estaban de antemán clasificados para a final da Copa.

1 comentario:

  1. Faltou decir que os alevins caeron en cambados non ROUBO descarado (como tivo que ser para que Antonio acabara cabreado cos directivos do xuven, ultimo club onde xogou).

    E vou dar unha primicia: a delegacion confirmou hai un par de horas que Pontecesures acollerá este sabado (inda non puxemos horario) a final de copa infantil feminina, entre o noso equipo e o Meco do Grove.

    ResponderEliminar