Translate

martes, 7 de abril de 2009

Acercase a Vilagarcia Basket Cup

RECORD DE PARTICIPACION NA BASKET CUP BASE: 147 EQUIPOS E CASE 2.000 NENOS DE GALICIA E PORTUGAL

No Vilagarcía Arena haberá máis novedades nesta edición. A organización, como sempre, na procura de que o espectáculo sexa do máis alto nivel de cara o noso público, vanse incluir unha serie de cambios como son a incorporación de vallas publicitarias electrónicas de leds como as que estamos acostumados a ver tanto na ACB como nos campos de fútbol, dandolle maior relevancia a publicidade de cara ao público e as retransmisións de Tv. Outro dos cambios máis destacados e que a grada principal vai ter una altura de 7 metros e 25 filas de gradas polas 19 que tiña na edición do 2008, eso le daralle un aspecto de maior grandeza a basket cup. O que buscamos es que o público poida situarse da millor maneira posible para asistir cómodamente ao espectáculo. So nesa grada supera os 1400 siareiros sentados en bancadas individuais.

A Vilagarcia Basket Cup Base Caixanova segue rompendo moldes. Na terceira edición do torneo paralelo para as categorías minibasket, alevín e infantil, un total de 147 conxuntos de Galicia e Portugal competirán e Fexdega, emulando as futuras estrelas coas que convivirán durante catro días.
No entorno de 1.900 participantes acudirán ao torneo de base, que ante a enorme aceptación que está a ter entre os clubes de Galicia e Portugal, constrúe unha quinta pista de goma dentro da instalación de Fexdega.
Na edición de 2007, no estreo de Fexdega, foron 3 as pistas creadas para dar cabida aos nenos e nenas que acudiron á competición. Xa no ano anterior, houbo que ampliar a catro as pistas para a disputa dos encontros. Nesta ocasión serán cinco as pistas de goma creadas para tal fin.
O Club Baloncesto Vilagarcia e Caixanova teñen que alugar ao recinto ferial de Silleda, as canchas de goma para que os rapaces poidan xogar en perfectas condicións.
Gracias as empresas Clesa e Gadisa, tódolos participantes terán a súa bolsa de comida co fin de ter unha xornada de confraternidade. Caixanova, fará tamén as delicias dos pequenos, preparando unha bolsa de regalos que inclúe unha mochila para a edición do 2009.

Os participantes veñen das catro provincias galegas, así como de Portugal. Equipos de Betanzos, Santiago, Muros, Carballo, Lugo, Foz, Vigo, Pontevedra, Marín, Ourense, O Grove, Vilagarcia, toda a zona norte de Portugal ou Ferrol, entre outros lugares, xogarán nunca competición que non prima o resultado. Os encontros xóganse entre as 11 e as 18 horas no recinto ferial de Fexdega.
Asimesmo, a organización abre un prazo de inscripción para nenos e nenas de Vilagarcia, que desexen participar nunha xornada do torneo, formando parte dos equipos Vilagarcia Basket Cup.
Os interesados deben estar nas idades do torneo (minibasket, alevín ou infantil) e será preciso un mínimo de oito xogadores/xogadoras para facer un equipo por categoría. Para anotarse tan só teñen que face-lo via Internet na páxina do campionato (www.vilagarciabasketcup.es) e a organización porase en contacto con eles antes do luns 6 de abril. O obxetivo é seguir abrindo a porta aos miudos do baloncesto e os que non forman parte oficial dos equipos de baloncesto da cidade, co fin de acercar o deporte da canasta a tódolos cativos da cidade.


Francisco Díaz xogador de lenda dentro dos premios Vilagarcia Basket Cup que honran a persoeiros do basket en Arousa.

O comité organizador da Vilagarcia Basket Cup xa ten decididos os premios que otorga cada ano. Nesta ocasión, o premio ao xogador de lenda recaiu en Francisco Díaz, ex-xogador do Club Baloncesto Vilagarcia ou Santa Clara de Vigo, entre outros.
No apartado directivo, o premio é para José Rodríguez, persoa que leva moitos anos trallando forte e ben polo impulso do baloncesto en Cesures. No caso de adestrador, o premio foi para Maite Méndez, adestradora do Arxil de Pontevedra, que leva unha longa traxectoria nese club.
En referencia aos premios para as categorías base, os clubes arousanos continúan votando para dar a coñecer os millores xogadores da comarca. As votacions pecharanse esta fin de semana e a próxima daremos a coñecer os vencedores.

No hay comentarios:

Publicar un comentario