Translate

jueves, 26 de marzo de 2009

O Extugasa finaliza esta semana a liga zonal

Este sábado ás 7 da tarde vai finalizar a participación no campeonato zonal de 1ª división, en casa do Vilanova. Faino ca tranquilidade que da ter asegurada a participación a vindeira temporada nesta liga dos mellores equipos zonais. Para dito partido o equipo vai ir pola victoria, e caso de non ser posible, polo menos dar unha boa imaxe, caoma a deste pasado sábado no grove, diante do Meco, onde perdeu por 3 puntos (49 a 46) nos instantes finais. Partido ó que so poideron desprazarse 7 xogadores, faltando varios dos habituais, polo que o esforzo dos chavales foi meritorio.

Na 1ª parte os locais xogaron moi cómodos, e impuxeronse no marcador dende o principio (1º cuarto: 19 -11), descanso (30 -19). Polo Extrugasa tan só Santi na zona local era capaaz de anotar con facilidade (11 puntos nesta parte).

Pero a 2ª parte empezou de forma distinta. O Extrugasa veuse arriba e dun 32 – 19 no minuto 22, pasouse cun parcial de 5 a 22 a un 37 a 40 no final do 3º cambio. ¿Que pasou? Sencillamente que os chavales (Pedrito, Victor, Cachote) sacaron o baloncesto que levan dentro, e nun cuarto para recordar, non se cortaron á hora de lanzar e con 4 triplas, mais a defensa de Santi, Pepi e Felipe sobre os interiores locais, diron toda unha lección de baloncesto.

E no derradeiro cuarto faltou algo mais de anotación, por que o Meco estivo ben maniatado, pero os tiros do Extrugasa deixaron de entrar. A pesar diso todo o cuarto diante, quedando 28 segundos e gañando por 1, Felipe erra 2 tiros libres. Quedando 15 segundos Meco empata a 46 ó anotar seu base 1 tiro libre dos 2 que tivo. Con 15 segundos Extrugasa ataca, e quedando 3 segundos perde o balón ó facer pasos un xogador. Tempo morto local, no saque de banda dende medio campo, recibe un aleiro do Grove que, tira tras bloqueo e anota unha tripla sobre bocina.

Xogaron e anotaron polo Extrugasa: Pedrito (3), Victor (6), Cachote (3), Santi (13), Felipe (6), Pepi (15), e Juanjo (-).

No hay comentarios:

Publicar un comentario